Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Senda Peonil

Axuda concedida para o proxecto de senda ciclo peonil e puntos de recarga eléctrica en Cabana de Bergantiños

Expediente: FEDER-EELL-2020-003929

O Concello de Cabana de Bergantiños recibiu unha axuda por importe de 867.283,89 € ao abeiro do Real decreto 616/2017, do 16 de xuño, que regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares que favorecen o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, modificado polo Real decreto 1516/2018, do 28 de decembro, e polo Real decreto 316/2019, do 26 de abril.

O proxecto subvencionado foi: “Senda ciclo peonil e puntos de recarga eléctrica en vía pública no Concello de Cabana de Bergantiños entre As Grelas e A Carballa”, cunha inversión total de 1.110.743,02 €.

A través desta axuda xestionada polo IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía), leváronse a cabo as seguintes actuacións:

  • Creación dunha senda ciclo peonil de 1,3 km entre os núcleos de As Grelas e A Carballa, dando continuidade ás sendas xa existentes na marxe da estrada AC-429. O obxectivo é fomentar alternativas á mobilidade que reduzan o uso de vehículos privados e favorezan o desprazamento a pé ou en bicicleta.
  • Instalación de tres puntos de recarga para vehículos eléctricos, un nas inmediacións da Escola de Vela e dous na zona do Concello. Son sistemas intelixentes de recarga rápida en exterior, que impulsan a introdución de vehículos con enerxías alternativas.

Estas actuacións están incluídas no Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS) aprobado polo Concello, co obxectivo de acadar unha mobilidade máis segura e sostible.

Resultados enerxéticos:

Antes da medida:

  • Actuación 1 (Senda): 76.213,53 kWh/ano
  • Actuación 2 (Puntos de recarga): 2.482.029 kWh/ano

Despois da medida:

  • Actuación 1 (Senda): 48.716,50 kWh/ano → Aforro: 36%
  • Actuación 2 (Puntos de recarga): 2.277.626 kWh/ano → Aforro: 8%

Indicadores:

  • Redución de emisións GEI (CO2):
    • Senda: 1.258,58 tCO2eq/ano
    • Recarga: 59.276,85 tCO2eq/ano
  • Lonxitude da senda: 1,32 km
  • Nº de puntos de recarga eléctrica: 3