SEGREDOS DO NEOLÍTICO: Espazo Didáctico DOLMEN DE DOMBATE

Páxinas:

18

Autor:

Galipat

O Concello de Cabana de Bergantiños en colaboración coa Deputación da Coruña, pon en marcha unha programación didáctica para os centros escolares de Galicia centrada no Dolmen de Dombate e na vida do Neolítico galego a través dos espazos museísticos do Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate.

O Dolmen de Dombate é unha referencia como conxunto arqueolóxico e conta cun grande atractivo divulgativo: ter un pequeno centro vinculado ao Dolmen que tamén está musealizado e protexido. Por iso propoñemos aos centros escolares que adiquen unha xornada a coñecer dunha maneira lúdica e didáctica este lugar emblemático da historia da arqueoloxía de Galicia.

Neste programa poderedes atopar visitas guiadas gratuítas financiadas polo concello de Cabana de Bergantiños e unha serie de obradoiros didácticos adaptados ás necesidades específicas de cada ciclo educativo: Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato así como a ciclos de Educación Especial, Formación Profesional e Educación de Persoas Adultas.

A oferta adáptase á idade, coñecementos e niveis educativos do público escolar e compleméntase cos obxectivos curriculares nas súas competencias básicas. Ademais os centros que impartan cursos de educación non reglada poden atopar actividades transversais moi interesantes e aptas para os seus usuarios.

Poderedes coñecer un pouco máis sobre o Patrimonio Cultural Galego, aprendendo o pasado e experimentándoo dunha maneira lúdica e ao mesmo tempo educativa.

Galego

25/05/2018

Share:

Mais

Homenaxe a Rosalía de Castro

Homenaxe a Rosalía de Castro

«Fixen un caldo de groria / que me soupo que la mar». O 23 de febreiro homenaxearemos a Rosalía de Castro cociñando e degustando este

Martes de Entroido

Martes de Entroido

O Entroido chega a Cabana o martes, 17 de febreiro! Ás 17:00 horas o Pavillón Municipal abrirá as súas portas para ofrecer unha xornada cargada

Entroido 2026

Entroido 2026

Don Carnal chega a Cabana! O martes de Entroido centra unha ampla programación cultural que inclúe teatro, bailes sociais, un obradoiro creativo e unha homenaxe