Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programa de intercambio entre a mocidade de Cabana e a de Treize-Septiers

Treize-Septiers

Xa está en marcha o programa de intercambio entre a mocidade de Cabana e a de Treize-Septiers.

Do 28 de xuño ao 3 de xullo, Cabana recibe 23 mozas e mozos de Treize-Septiers e 24 locais.

Durante estes días desfrutarán de diferentes actividades como kaiak, visualización de películas, visitas culturais a Santiago e moitas más actividades.

O alcalde, José Muíño, foi o encargado de darlles a benvida e desexarlles unha boa estadía durante a súa visita.