Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CABANA DE BERGANTIÑOS, UN MODELO ENERXÉTICO SOSTIBLE.

PROXECTO INTEGRAL. NÚMERO EXPEDIENTE PR-D5000-2021-002680.

O Concello de Cabana de Bergantiños é beneficiario dunha subvención no contexto do Real Decreto 692/2021, do 3 de agosto, polo que se regula a concesión directa de axudas para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en concellos de reto demográfico (PROGRAMA DUS 5000), no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

As axudas forman parte do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e están financiadas polos fondos “NextGenerationEU” da Unión Europea. A convocatoria está publicada no Sistema Nacional de Publicidade de Subvencións e Axudas Públicas (BDNS).

Descrición do proxecto:

O proxecto presentado inclúe actuacións nas seguintes medidas que recolle o programa DUS 5000

Medida 1: O obxectivo desta actuación coniste narehabilitación enerxética do edificio da Piscina Municipal. Para iso, propóñense as seguintes actuacións:

  • En instalacións térmicas: renovación da unidade de tratamento de aire.
  • En Iluminación: renovación das luminarias existentes por tecnoloxía LED.

Medida 3: O obxectivo desta actuación consiste nasustitución da caldeira de gasóleo existente que proporciona a enerxía térmica necesaria para producir auga quente sanitaria no edificio da Piscina Municipal por unha bomba de calor aerotermica de 49,7 kW para a piscina e 4 bombas de calor aerotermicas de 1,75 kW cada unha para os vestiarios. Coas actuacións das Medidas 1 e 3, as emisións de CO2 diminuen de 68,6 kg CO2/m2 a 37,70 kg CO2/m2, mellorando a calificación enerxética de D a B.

Medida 2: As actuacións consisten en 4 instalacións solares fotovoltaicas con modalidade de autoconsumo colectivo sen excedentes:

  • Polideportivo municipal, abastecendo aos seguintes edificios: polideportivo, casa da cultura, CPI as Revoltas y piscina municipal. A potencia eléctrica da instalación será de 99,735 kW e a súa produción anual estimada de 116.960,25 kWh. Ademais, instalarase un sistema de acumulación con capacidade de almacenamento de 196,80 kWh.
  • Centro de saúde, abastecendo aos seguintes edificios: centro de saúde e piscina municipal. A potencia eléctrica da instalación será de 40,33 kW e a súa produción anual estimada de 53.397,85 kWh. Ademais, instalarase un sistema de acumulación con capacidade de almacenamento de 73,80 kWh.
  • Casa do concello, abastecendo aos seguentes edificios: casa do concello e piscina municipal. A potencia eléctrica da instalación será de 19,62 kW e a súa produción anual estimada de 17.635,61 kWh. Ademais, instalarase un sistema de acumulación con capacidade de almacenamento de 32,80 kWh.
  • Casa da cultura, abastecendo aos seguintes edificios: casa da cultura e piscina municipal. A potencia eléctrica da instalación será de 22,89 kW e a súa produción anual estimada de 20.594,54 kWh. Ademais, instalarase un sistema de acumulación con capacidade de almacenamento de 41,00 kWh. 7 edificios municipais: Casa do Concello, Centro de Saúde, CPI AS Revoltas, Xulgado Paz, Casa da Cultura, Polideportivo e Piscina.

Medida 5: A actuación consiste na renovación da flota de vehículos municipais mediante a sustitución por vehículos eléctricos. Con estas actuacións reducirase o consumo de enerxía final anual de 4.996 kWh a 873 kWh.

Esta axuda para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en concellos de reto demográfico forma parte do investimento C02.I04 do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico, do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Indicadores:

Medida 01 Redución da demanda e o consumo enerxético en edificios e infraestruturas públicas. Aforro no consumo anual de enerxía primaria: 86,32 MWh/ano.

Medida 02 Instalacións de xeración eléctrica renovable para autoconsumo. Capacidade de produción de electricidade con enerxía renovable: 0,18 MW.

Medida 03 Instalacións de xeración térmica renovable e de redes de calor e/ou frio. Capacidade de produción de enerxía térmica mediante enerxía renovable: 0,06 MW.

Medida 05 Mobilidade Sostible. Aforro en consumo anual de enerxía primaria: 3,49 MWh/ano. Puntos de recarga: 1 unidade.


Acceso ao PLAN ESTRATÉXICO 2022-2025