PALEA CON NÓS – ACD CORMORÁNS

Este domingo, 10 de agosto, a ACD Cormoráns organiza tres actividades para dar a coñecer o remo.
A primeira será ás 12:00 horas, na praia do Pendón co equipo de Bolboretas da categoría Dragon Boat BCS, sobreviventes do cancro de mama.
Ás 13:00 horas haberá unha charla e proxección sobre o equipo Bolboretas Coruña Dragon Boat BCS e os beneficios desta modalidade de remo.
A xornada rematará coa actividade das 15:30 horas, que consistirá nun percorrido polo Esteiro do Anllóns no Barco Dragón, no que pode participar quen desexe palear coas Bolboretas.
Anímate e ven a coñecer este deporte!