Melloras no centro social de Beres

Expediente:PR486D/2025/021
Denominación do proxecto: Melloras no centro social de Beres
O concello de Cabana de Bergantiños concédeselle unha subvención por importe de 65.757,59 euros ao abeiro da Orde do 27 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións de carácter plurianual para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
O obxectivo principal do proxecto son a mellora da envolvente térmica, a mellora da iluminación interior e a mellora dos sistemas de calefacción, incluíndo a integración de fontes de enerxía renovable. Para iso realizáronse obras de mellora na cuberta, de carpintería exterior, en fachadas, iluminación e calefacción con integración de enerxia solar fotovoltaica no centro social de Beres.
A superficie con rendemento mellorado conta con 174,70 m2. Os resultados acadados coa execución do proxecto son:
- A reducción do consumo anual de enerxía primaria non renovable é de 38032,19kWh/m2/ano o que representa o 49,65% de reducción.
- A reducción das emisión de gases de efecto invernadeiro é de 6446,43 kg CO2/m2/ano que representa o 41% de reducción.
