Igrexas


Igrexa de San Martiño de Cánduas
Situada na parroquia de Cánduas, presenta unha orientación pouco habitual, pois a súa fachada mira cara ao norte.
A nave e a capela lateral están cubertas por unha bóveda de canón lixeiramente apuntada. A capela leste cóbrese con falsas bóvedas de cruceiría.

Igrexa de San Estevo de Cesullas
Situada na parroquia de Cesullas, conta cunha nave e unha capela maior rectangulares.
A fachada é pentagonal e sobre a porta principal destaca unha imaxen pétrea de San Estevo, enmarcada lateralmente por volutas.
A parte máis antiga é a capela lateral sur, datada no século XVII. A capela maior, nave, fachada e espadana datan do século XVIII.

Igrexa de San Estevo de Anós
Situada na parroquia de Anós, destaca polo seu retablo neoclásico actual.
A sacristía, fachada e espadana datan do século XVIII.

Igrexa de San Xoán de Borneiro
Destaca pola súa espadana e polo arco da porta principal, formado por grandes doelas.
O corpo da nave permite datar a parte máis antiga do templo no século XVI.

Igrexa de San Pedro de Corcoesto
Coa súa torre campanario e dous camelios que enmarcan a fachada.
No interior gárdase a imaxen de Santa Mariña, que só se sobe ata O Remuíño cada 18 de xullo.

Igrexa de San Martiño de Riobó
Erguida por orde de Ruy Soneira de Riobóo, nobre da casa solariega da Penela, quen está soterrado nela.
Ao entrar, atópanse dúas pías; a máis pequena ten como base un oso ou lobo, símbolo da casa Moscoso.
O arco triunfal está sostido por capiteis románicos decorados con motivos vexetais.
Retablo de San Martiño
Auténtica xoia barroca do patrimonio sacro de Cabana de Bergantiños.
Baixo o altar escóndense tres sepulcros.
No da esquerda, co escudo dos Castro, Moscoso, Riobó, Leis e Villardefrancos, repousan Lorenzo Bermúdez de Castro e a súa esposa María de Leis.

Igrexa de San Pedro de Silvaredonda
Conta cun ábsida cadrada. A sancristía está adosada á ábsida e a espadana é de cemento.
O cruceiro é sinxelo, cun pedestal octogonal singular.
0 Comments