Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Documento de elementos arquitectónicos e etnográficos do Concello de Cabana

Idioma: Castelán

Categoría: Publicacións

Páxinas/Duración: 185

Acceso: Abrir ligazón

Descrición

Este documento constitúe a relación de elementos arquitectónicos e etnográficos do Concello de Cabana obxecto de especial protección polas súas cualidades históricas, artísticas, culturais e naturais, os cales se consideran Patrimonio e precisan dos mecanismos axeitados que garantan a súa correcta protección e conservación.

Ten carácter aberto, polo que existe a posibilidade de incorporar, a partir da aprobación deste Plan Xeral, outros elementos patrimoniais que se consideren susceptibles de protección.

Se no apartado de Normativa Urbanística se definía a clasificación do solo afectado pola existencia dun Elemento do Patrimonio, neste documento definiranse os condicionantes que afectan ao propio elemento no que respecta a posibles intervencións, establecéndose os diferentes Graos de Protección.

Así mesmo, definiranse os distintos niveis de intervención, os cales estarán asociados a cada Grau de Protección proposto.