Eclipse solar
Hoxe, 12 de agosto, poderemos desfrutar dunha eclipse solar, un fenómeno astronómico moi especial.
Desde o Concello de Cabana queremos compartir con vós unha serie de consellos para gozar deste acontecemento con seguridade para a vista.
Agradecémosvos que, na medida do posible, evitedes desprazamentos. Se podedes velo na vosa casa, non hai sitio mellor!
Colaboremos entre todos para previr aglomeracións. E se tes que moverte para velo ben, planifícao e vai con tempo.

