Praia O Curro

CURRO
Praia fluvial con acceso desde o lugar de Neaño (Cesullas). Con marea chea, convértese en dúas pequenas calas de ribeira fluvial.
Con marea baixa, xúntanse os dous pequenos areais. É a praia cabanesa máis alta no curso do Anllóns. En verán conta con servizo de socorrismo. Posúe pequeno aparcadoiro. Este areal é un bo lugar para a observación de anátidas.