Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Departamento de Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños ten como función garantir o acceso á cultura da cidadanía e a dinamización cultural no ámbito municipal. Isto materialízase levando a cabo accións de promoción, formación, difusión e creación cultural así como dándolle pulo a participación do asociacionismo e colectivos culturais.

Ditas accións danse nos ámbitos da música, o teatro, danza, circo e outras actividades escénicas, así como nas artes plásticas, as artes visuais, da biblioteca e dinamización da lectura, do patrimonio cultural e da celebración das efemérides e festexos do territorio xunto con outras actividades de tempo de lecer.

Polo tanto ten como obxectivos favorecer e promover o desenvolvemento da cultura en todas as súas expresións coa comunidade organizada e natural, a través de distintas actividades que xeran espazos para o bo funcionamento e acceso de toda a veciñanza.

O Departamento de Cultura recibe financiamento para contribuír cos gastos da praza de persoal Técnico de Xestión Cultural da Deputación da Coruña.