Skip to content Skip to main navigation Skip to footer


Saúdo do Alcalde

Compráceme, como alcalde de Cabana de Bergantiños, dirixir un agarimoso saúdo a tódolos visitantes deste concello situado no corazón da Costa da Morte.

En cada curruncho do noso concello terán ocasión de descubrir a riqueza da paisaxe, a hospitalidade das xentes e un importante legado histórico que lles transmitirá experiencias inesquecibles.

Unha terra na que son evidentes as pegadas dos nosos antepasados que 5.000 anos atrás levantaron o Dolmen de Dombate como desafío ao paso do tempo; terra na que descubrirán vellas formas de vida visitando o Castro A Cidá; na que gozarán dunha variada flora e fauna que contempla o señorial discorrer do río Anllóns que desemboca na impresionante enseada da Insua, un dos máis importantes refuxios de aves a nivel europeo. Xa na costa o visitante quedará abraiado polas nosas calas recollidas e polo espectáculo azul do Atlántico.

O atractivo paisaxístico e monumental, tamén ten a súa réplica nunha excepcional gastronomía na que xogan un importante papel os produtos autóctonos da ría, da costa e da nosa terra.
Cabana de Bergantiños, comunión entre mar e terra, agarda ao visitante para ofrecerlle unha riqueza de experiencias que de seguro o han de engaiolar. Ante todo, grazas pola súa visita.

Un saúdo

José Muíño Domínguez

Alcalde de Cabana de Bergantiños

Estrutura organizativa do Concello de Cabana

Un equipo unido para servir o noso Concello

Administración Xeral

Servizos Sociais e Desenvolvemento Local

Seguridade, Tecnoloxía e Cultura

  • Secretaría:                  
    • Ana María Reyes Cambre
    • María Cristina Candal (Aux)
  • Intervención:
    • Patricia Chas Filgueiras
    • Yolanda Imia Antelo ( Aux)
  • Tesourería:
    • Leticia Sánchez Ousinde
  • Oficinas Xerais: 
    • Ana Belén Santos Ferreira
  • Arquitecto:                     
    • Enrique Vilar Gantes
  • Traballadora Social:   
    • Margarita Docanto Alonso
    • Mª del Carmen López Souto (Aux.)
  • Educadora Familiar      
    • Cristina Morandeira Muíño
  • Axente de Emprego e Desenvolvemento Local:   
    • Silvana Facal Martínez
  • Arquitecto:                     
    • Enrique Vilar Gantes
  • Policía Local:                     
    • 618 74 73 76
  • Informático:                         
    • Javier Manuel Lozano García
  • Cultura e Deportes:          
    • Silvia Losada Crende
    • Martín Martínez Rioboo
  • Bibliotecaria:
    • Pilar García Rial
  • Subalterno:
    • Juan Antonio Rama Tedín

Concelleiros do PP

  • Alcalde:                                                                           
  •  José Muíño Domínguez       

 

  • Concellería de Obras e Servizos:                               
  • Carlos Allo Cundíns
  • Concellería de Sanidade, Igualdade e Servizos Sociais:

Sheila Recarey Varela

 

  • Concellería de Relacións Veciñais e Participación Cidadá:                    Begoña Torrado Lema

   

  • Concellería de Educación e Xuventude:                   
  •  Sandra Méndez Blanco

 

  • Concellería de Traballo e Formación

Sonia Sande Lista

 

  • Concellería de Economía, Industria e Urbanismo

Borja Andrade Montes

Concelleiros do BNG

  • Tatiana Rellán Castro
  • Sandra Redondo Fernández
  • Manuel Pose Varela
  • Alba Villar López