Concentración de apoio á cidadanía de Ceuta
A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) convoca hoxe mércores ás 20:00, diante de todos os concellos, unha concentración de apoio á cidadanía de Ceuta.
O Concello de Cabana de Bergantiños sumarase á convocatoria para amosar a súa solidariedade cos veciños e veciñas da cidade autónoma na situación que atravesan.