Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CENTRO DE INTERPRETACIÓN MEDIOAMBIENTAL E DE VISITANTES DO ESTUARIO DO ANLLÓNS

CENTRO DE INTERPRETACIÓN MEDIOAMBIENTAL E DE VISITANTES DO ESTUARIO DO ANLLÓNS

CENTRO DE INTERPRETACIÓN MEDIOAMBIENTAL E DE VISITANTES DO ESTUARIO DO ANLLÓNS

Expediente: PE115A-2024-00102

Procedemento: Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro ( GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, publicado no DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2024.

Denominación do proxecto: Centro de interpretación medioambiental e de recepción de visitantes do estuario do Anllóns

O Concello de Cabana de Bergantiños ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2023, concedeuselle unha subvención de 200.000€ para o proxecto “Centro de interpretación medioambiental e de recepción de visitantes do esturario do Anllóns” por resolución da Consellería do Mar, cofinanciada pola Unión Europea.

O obxetivo final foi acadado xa que foi creado un centro de interpretación medioambiental e de recepción de visitantes do estuario do Anllóns, lugar que está en condicións de apertura para un aproveitamento sostible do estuario e de todo os elementos medioambientais que o rodean. Dando visibilidade a todos o recursos naturais do Concello e arredores, como enseada da insua, desembocadura do Anllóns, flora e fauna, a riqueza paisaxística e natural, as dunas, as intermareas, a zona de marisqueo, o paseo de 5,2 km polo borde litoral na senda peonil, entre outros.

Coa rehabilitación integral do edificio, inicialmente en estado ruinoso, conséguense os resultados esperados xa que este centro de interpretación xa é un lugar destinado a divulgación, protección, conservación e a concienciación do medio ambiente, incluíndo tecnoloxía (equipamento informáticos con aplicación especializadas, proxeccións de material videográfico, paneis expositivos, aula medioambiental, gafas realidade virtual) a través de unha serie de actividades programadas anualmente polo Concello.