Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Servizos

Xestión de residuos

XESTIÓN DE RESIDUOS

Cabana de Bergantiños impulsa a xestión de residuos con novas campañas de concienciación

O Concello de Cabana de Bergantiños inicia novas campañas de concienciación para mellorar a xestión dos residuos. O obxectivo é cumprir coa normativa europea e reducir os custos de tratamento do lixo, ao mesmo tempo que se coida o medio ambiente.

Contedores marróns

O Concello promoverá o uso dos contedores marróns, dispoñibles desde 2022 en varias zonas do Concello.

  • Como usalos? Pide a chave no Concello e deposita os teus residuos orgánicos en bolsas compostables.
  • Quen? A campaña diríxese a todos os veciños, bares, restaurantes e comercios de alimentación.

Compostaxe doméstica

O Concello tamén reforza a campaña de compostaxe para as vivendas con finca.

  • Que conseguirás? Abono de alta calidade para a túa horta ou xardín.
  • Como unirte? Apúntate no Concello para recibir un kit de compostaxe gratuíto despois dunha xornada de formación.

Recollida de aceite usado

Ademais, recordámosche que podes solicitar un novo bidón para o servizo de recollida de aceite de cociña usado.

Con estas iniciativas, o Concello de Cabana de Bergantiños busca a colaboración de todos os veciños para continuar coa transformación da xestión de residuos e conseguir un municipio máis sostible.

CAMPAÑA CONTRA A INVASIÓN VESPA VELUTINA

O Concello de Cabana de Bergantiños pon en marcha a campaña de trampeo para combater a expansión da avespa velutina.

Se queres colaborar na colocación e seguimento das trampas, por favor, cobre o seguinte formulario: