Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Patrimonio

Tiempo de Navidad. La tradición musical en España

Tempo de Nadal. La tradición musical en España

“Noiteboa en Neaño”
(Tecnosaga, 2001)

As facetas de músico popular do bombo Eduardo Vázquez Espasandín, coñecido como “O Jay Jay”, aínda están por descubrir na súa totalidade. Como mostra desa riqueza é esta sorprendente gravación realizada no mes de xaneiro de 1988 por M. Santamarina, J. Mª Alonso e C. Rey ao propio don Eduardo e á súa muller Josefa Cundíns (Pepa), na súa casa de Neaño.

Nesta gravación recóllese como canto de Noiteboa un fragmento do “Romance do Conde Arnaldo”, datado no século XV. No romance orixinal non se pedía aguinaldo, senón a cabeza de Don Fadrique, medio irmán de Don Pedro, O Cruel.

Sobre a interpretación, o crítico musical Miguel Manzano Alonso sinala que está realizada cunha “vetusta melodía modal”, o que lle engade valor histórico e artístico ao rexistro.


? Letra recollida: “Noiteboa en Neaño”

Buenas Pascuas, Buenos Reyes,
buen principio de buen año,
en que damas y doncellas
al rey pido un aguinaldo.

También nosotros pedimos
a los señores fidalgos,
a los fidalgos menores,
también a los labradores.

[…]

Y los tres en altamare
nunha barquiña dorada
que no mundo non hai tale.

Carpinteros que la hicieron
eran de sangre reale,
remadores que la reman
llevaban este cantare.

Dios te nos garde barquiño,
Dios te nos deixe gardare
de los encuentros de tierra,
de las tinieblas del mare.

Donaire e Torás

Donaire e Torás – Cantos vellos para rapaces novos

“Punteada e Xota de Folgoso”
(Disco: Runa Records, 2001)

O lugar de Folgoso, pertencente ás parroquias interiores de Cabana de Bergantiños, conserva unha rica tradición musical. Un instrumento tan humilde como a pandeireta servía para xuntar a homes e mulleres da contorna para tocar e bailar.

Nesta punteada (muiñeira) e xota combínanse dous xeitos de tocar:

  • o estilo máis antigo, co puño pechado,
  • e o tocar roscado, propio das pandeireteiras máis novas.

? Punteada de Folgoso

Muiñeira da ribeira,
muiñeira ribeirana,
muiñeira da ribeira
tócoche de mala gana.

Se canto, dinme que canto;
se lloro, dinme que lloro;
se me ven falar contigo,
dinme que si me namoro.

El corazón de mi amante
dicen que lo tengo yo;
que lo tengo si es cierto,
pero de mi amante no.

Como quieres que me valla
contigo a la alameda,
si soy casado y no puedo
olvidar a mi morena.


? Xota de Folgoso

E vira e vira e volve a virar,
a volta da vira é mala de dar.

Eu pidinllo a unha nena,
ela díxome primeiro:
esta semana non podo,
que teño que ir ó Ribeiro.

E vira e vira, se non viro eu;
teu pai é meu sogro,
teu amor son eu.

As miñas mans son de prata,
heinas de saber dourar;
saben tocar o pandeiro,
mellor saben traballar.

E vai de rondiña
e vai de ronda;
e vai de rondiña
para ti, Jusé.

Cántigas da Terra

Cántigas da Terra – Espíritu

“Maneo de pandeiro de Fontenla”
(Disco: Punteiro, 2004)

Este disco del coro coruñés Cántigas da Terra incluye varias canciones legadas a su archivo por el sacerdote de Cesullas, Saturnino Cuíñas Lois.

Entre ellas destacan:

  • “Maneo de Trabazo” (Pontevedra), recogido por Cuíñas en 1910 y donado en 1928, antes de ejercer como sacerdote en Cabana.
  • “Foliada de Aguasantas” (Pontevedra), estrenada por la coral en 1946.
  • “Maneo de pandeiro de Fontenla”, partitura número 69 del archivo de Cántigas da Terra, recogida en Fontenla (Cesullas, Cabana de Bergantiños).

? Maneo de pandeiro de Fontenla

¡Que ben baila, que ben baila
o da chaquetiña longa,
aínda bailaba millore
se a tivera redonda!

Rapaza que vas ó río a lavar
non boures na roupa
que a podes rachar.

(Retrouso)
Estrela clara do ceo
dáme a túa claridade
que quero seguirlle os pasos
ó meu amor que se vaie.

¡Que demo de merlo mouro!
¡Onde foi poñe-lo niño!
Cuberto con unhas pólas
no medio dun carballiño.

Cántigas da Terra

“Maneo de pandeiro de Fontenla”
(Disco: Punteiro, 2004)

Este disco do coro coruñés Cántigas da Terra inclúe varias cancións legadas ao seu arquivo polo crego de Cesullas, Saturnino Cuíñas Lois.

Entre elas destacan:

  • “Maneo de Trabazo” (Pontevedra), recollido por Cuíñas no ano 1910 e doado en 1928, antes de ser crego en Cabana.
  • “Foliada de Aguasantas” (Pontevedra), estreada pola coral no ano 1946.
  • “Maneo de pandeiro de Fontenla”, partitura número 69 do arquivo de Cántigas da Terra, recollida en Fontenla (Cesullas, Cabana de Bergantiños).

A letra do maneo de pandeiro é a seguinte:


? Maneo de pandeiro de Fontenla

¡Que ben baila, que ben baila
o da chaquetiña longa,
aínda bailaba millore
se a tivera redonda!

Rapaza que vas ó río a lavar
non boures na roupa
que a podes rachar.

(Retrouso)
Estrela clara do ceo
dáme a túa claridade
que quero seguirlle os pasos
ó meu amor que se vaie.

¡Que demo de merlo mouro!
¡Onde foi poñe-lo niño!
Cuberto con unhas pólas
no medio dun carballiño.


Donaire e Torás – Cantos vellos para rapaces novos

“Punteada e Xota de Folgoso”
(Disco: Runa Records, 2001)

O lugar de Folgoso, pertencente ás parroquias interiores de Cabana de Bergantiños, conserva unha rica tradición musical. Un instrumento tan humilde como a pandeireta servía para xuntar a homes e mulleres da contorna para tocar e bailar.

Nesta punteada (muiñeira) e xota combínanse dous xeitos de tocar:

  • o estilo máis antigo, co puño pechado,
  • e o tocar roscado, propio das pandeireteiras máis novas.

? Punteada de Folgoso

Muiñeira da ribeira,
muiñeira ribeirana,
muiñeira da ribeira
tócoche de mala gana.

Se canto, dinme que canto;
se lloro, dinme que lloro;
se me ven falar contigo,
dinme que si me namoro.

El corazón de mi amante
dicen que lo tengo yo;
que lo tengo si es cierto,
pero de mi amante no.

Como quieres que me valla
contigo a la alameda,
si soy casado y no puedo
olvidar a mi morena.


? Xota de Folgoso

E vira e vira e volve a virar,
a volta da vira é mala de dar.

Eu pidinllo a unha nena,
ela díxome primeiro:
esta semana non podo,
que teño que ir ó Ribeiro.

E vira e vira, se non viro eu;
teu pai é meu sogro,
teu amor son eu.

As miñas mans son de prata,
heinas de saber dourar;
saben tocar o pandeiro,
mellor saben traballar.

E vai de rondiña
e vai de ronda;
e vai de rondiña
para ti, Jusé.

Antalora

Atalora – Ruta Folk: Terra Galega

Pasodoble do Jai Jai · Jota por Neaño arriba · Dulce Lola
(Disco “Trompo”, 1998)

O grupo folk bergantiñán Atalora foi un dos últimos en recoller cancións do músico tradicional de Neaño Eduardo Vázquez Espasandín, máis coñecido como “O Jay Jay”. No disco compartido Ruta Folk: Terra Galega inclúen tres pezas herdadas directamente do “bombeiro” máis enxebre dos grupos de gaitas galegos.

A enxebreza destas cancións reside na combinación de música e texto, melodía e letra, un trazo característico dos Gaiteiros de Neaño, dos que don Eduardo formou parte durante case un século de vida.

Coa gravación deste pasodobre, desta xota e desta rumba de Neaño, o grupo Atalora ofrece un vivo diálogo entre xeracións de músicos de Bergantiños.


? Letra do “Pasodobre do Jai Jai”

Ábrele la puerta Rosa a un clavel,
ábrele la puerta Rosa a un clavel
que te vengo a ver,
que te vengo a ver,
que te vengo a ver,
que te vengo a hablar.

Inés, Inés, Inesita, Inés,
Inés, Inés, una, dos y tres.
Inés, Inés, Inesita, Inés,
¡ai! que guapa es.

Emborrachar, emborrachar,
emborracheime, emborracheime
na beira do mar;
emborrachar, emborrachar,
emborracheime e non me souben
desemborrachar.

Compreite solteira por trece reás,
compreite solteira por trece reás;
compreite solteira, casadiña estás.
¡Valgame los cielos por tan mal feirar!

Baila o agarrado, baila miña irmá,
baila o agarrado, baila miña irmá,
baila o agarrado, báilao con Xan,
has de ter coidado onde pon a man.


? Letra da “Jota por Neaño arriba”

Miña monteira garrida,
miña monteira garrida
mil veces me tes cuberto
¡ai!, por Neaño arriba.

E ti porque me preguntas
se son de Vigo,
se a noite pasada, nena,
durmín contigo;
durmín contigo na cama,
durmín contigo
e ti porque me preguntas
se son de Vigo.

(Retrouso)
Os solteiros valen ouro,
os casados valen prata,
os viúdos caldeirilla,
os vellos folla de lata.

¡Ai! que pereira tan alta,
¡ai! que peras maduras ten;
eu de abaixo non lle chego
e arriba non hai ninguén.

Teño a roca no carballo,
o fuso na carballeira,
o liño por sementare
¿cando has de vir, costureira?


? Letra de “Dulce Lola”

Me gustan todas, me gustan todas,
me gustan todas, me gustan todas en xeral;
me gustan todas, me gustan todas,
pero las rubias me gustan más.

¡Ai que pracer tiña eu
cando na praia
a doce Lola me saudou!

Aí vén o barco da amargura,
aí vén o barco da nación,
aí vén o barco, aí vén o barco,
adiós, Dolores, que eu me vou.

Fai tres anos, querida Lola,
que a miña pistola non disparou,
pero téñoa preparadiña
que con dúas balas a cargo eu.

As nosas músicas

As nosas músicas

“Himno de Cabana de Bergantiños”
“Muiñeira de Cabana”
“Cantiga de San Fins”
“Rumba de Neaño”
“Rosa de Corcoesto”

Concello de Cabana de Bergantiños, 2007

As nosas músicas son cancións, tradicionais ou inspiradas en Cabana de Bergantiños, interpretadas por corais e gaiteiros das distintas parroquias do concello.

A Coral San Martiño de Canduas pon voz ao “Himno de Cabana de Bergantiños”, baixo a dirección de Antonio Méndez Farto.

Os Gaiteiros de Anos interpretan a coñecida “Muiñeira de Cabana”, dirixidos por Francisco Pérez Moreira.

A Coral de Cesullas canta a emotiva “Cantiga de San Fins”, dirixida por Teresa Facal Amado.

Os Gaiteiros de Borneiro danlle son á “Rumba de Neaño”, coa dirección de Manuel Dourado Martínez.

E, por último, a Coral de San Pedro de Corcoesto pon voz ao poema de Eduardo Pondal, “Rosa de Corcoesto”, baixo a dirección de Jesús Couto Varela.

Este CD foi gravado nos estudos da Radio Galega, en Santiago, e nos da Escola da Rúa, en Carballo.

Coa edición de As nosas músicas, o Concello de Cabana de Bergantiños dignifica a música tradicional nacida do seu territorio, presérvaa do esquecemento e, quizais o máis importante, déixalla en herdanza ás novas xeracións de músicos cabaneses.

? Himno de Cabana de Bergantiños

Ben te podes alabare,
Cabana de Bergantiños:
por un lado, te-lo Anllóns;
polo outro, te-lo mare.

Deixei as verrugas no San Fins do Castro,
apañei os ramos na de Remuíño,
cureime da gorxa no San Brais de Canduas
e comín as roscas no Carme do Briño.

Hainos a feixes na ría:
mexillóns e berberechos.
As rapazas de Cabana
apáñanos á tardiña.

(Retrouso)
En Anos teñen O Espiño,
Santa Lucía en Nantón,
en Cundíns teñen San Paio,
en Canduas, San Martiño.

(Retrouso)
Non os hai como en Borneiro,
monumentos tan antergos:
o Dolmen maila Cidá,
famosos no mundo enteiro.

(Retrouso)
Ten Riobó e A Penela,
Silvarredonda e O Esto.
En Cabana hai de todo,
non vin terra como ela.

(Retrouso)


? Cantiga de San Fins

Ai la le lo, ai la le lo.
Ai la le lo, ai la la.
Ai la le lo, ai la le lo.
Ai la le lo, ai la la.

Romaxe a de San Fins,
feitizo do seu patrón,
que de antergos romeiros
ben lembrada tradición.

Follas das árbores nobres
que o sol non poida amosar,
pra que os romeiros poidan
á boa sombra merendar.

Nos valos da túa fonte
cantos panos enxugaron,
romeiros que en ti beberon,
verrugas que en ti curaron.

Cantos namoros ollaches,
carballos e bidueiros,
amor e primeiros bicos
xuraron en ti a milleiros.

Meu santo San Fins do Castro,
ollando estás pra Cabana,
pra ver chegar os romeiros
que veñen á foliada.

Queren auga, Santo enxebre,
da fonte da túa ladeira,
pois a fe que en ti teñen
dalles forza milagreira.

Merendas e alalás,
aturuxos e boa froita,
regueifas e boas cantigas
sobor da herba enxoita.

Que forza ten o esprito
o Berro Seco no campo,
baixa-los cadrís tres veces
pra botar fóra o meigallo.

Meu santo San Fins do Castro,
ollando estás pra Cabana,
pra ver chegar os romeiros
que veñen á foliada.

Queren auga, Santo enxebre,
da fonte da túa ladeira,
pois a fe que en ti teñen
dalles forza milagreira.

Ai la le lo, ai la le lo.
Ai la le lo, ai la la.
Ai la le lo, ai la le lo.
Ai la le lo, ai la la.


? Rosa de Corcoesto

Meniña, rapaza nova,
¡ouh rosa de Corcoesto!,
que te brandeas con graza
ós doces sopros do vento,

se é certo que por ti vivo,
se é certo que por ti peno,
se tan doce e dadivosa
como din que es, é certo,

cúrame, ¡ouh rapariga!,
estas suidades que teño,
estas suidades da alma
e non sei que, que padezo.

¡Ti tes dos meus males a doce manciña,
Ouh rosa de Corcoesto!

Atalora – Ruta Folk: Terra Galega

Pasodoble do Jai Jai · Jota por Neaño arriba · Dulce Lola
(Disco “Trompo”, 1998)

O grupo folk bergantiñán Atalora foi un dos últimos en recoller cancións do músico tradicional de Neaño Eduardo Vázquez Espasandín, máis coñecido como “O Jay Jay”. No disco compartido Ruta Folk: Terra Galega inclúen tres pezas herdadas directamente do “bombeiro” máis enxebre dos grupos de gaitas galegos.

A enxebreza destas cancións reside na combinación de música e texto, melodía e letra, un trazo característico dos Gaiteiros de Neaño, dos que don Eduardo formou parte durante case un século de vida.

Coa gravación deste pasodobre, desta xota e desta rumba de Neaño, o grupo Atalora ofrece un vivo diálogo entre xeracións de músicos de Bergantiños.


? Letra do “Pasodobre do Jai Jai”

Ábrele la puerta Rosa a un clavel,
ábrele la puerta Rosa a un clavel
que te vengo a ver,
que te vengo a ver,
que te vengo a ver,
que te vengo a hablar.

Inés, Inés, Inesita, Inés,
Inés, Inés, una, dos y tres.
Inés, Inés, Inesita, Inés,
¡ai! que guapa es.

Emborrachar, emborrachar,
emborracheime, emborracheime
na beira do mar;
emborrachar, emborrachar,
emborracheime e non me souben
desemborrachar.

Compreite solteira por trece reás,
compreite solteira por trece reás;
compreite solteira, casadiña estás.
¡Valgame los cielos por tan mal feirar!

Baila o agarrado, baila miña irmá,
baila o agarrado, baila miña irmá,
baila o agarrado, báilao con Xan,
has de ter coidado onde pon a man.


? Letra da “Jota por Neaño arriba”

Miña monteira garrida,
miña monteira garrida
mil veces me tes cuberto
¡ai!, por Neaño arriba.

E ti porque me preguntas
se son de Vigo,
se a noite pasada, nena,
durmín contigo;
durmín contigo na cama,
durmín contigo
e ti porque me preguntas
se son de Vigo.

(Retrouso)
Os solteiros valen ouro,
os casados valen prata,
os viúdos caldeirilla,
os vellos folla de lata.

¡Ai! que pereira tan alta,
¡ai! que peras maduras ten;
eu de abaixo non lle chego
e arriba non hai ninguén.

Teño a roca no carballo,
o fuso na carballeira,
o liño por sementare
¿cando has de vir, costureira?


? Letra de “Dulce Lola”

Me gustan todas, me gustan todas,
me gustan todas, me gustan todas en xeral;
me gustan todas, me gustan todas,
pero las rubias me gustan más.

¡Ai que pracer tiña eu
cando na praia
a doce Lola me saudou!

Aí vén o barco da amargura,
aí vén o barco da nación,
aí vén o barco, aí vén o barco,
adiós, Dolores, que eu me vou.

Fai tres anos, querida Lola,
que a miña pistola non disparou,
pero téñoa preparadiña
que con dúas balas a cargo eu.

Cruceiros

Cruceiros de San Martiño de Canduas

Cruceiro dos Romero

Feito en granito. A plataforma é unha pilastra, e o pedestal cadrangular remata con medias canas e unha roda lisa.
Contén a inscrición: “De la casa de los Romero”.
Ten mesa adosada. O varal é octogonal, comezando en cadrado.
O capitel esférico, único no concello, presenta astrágalo circular con chafráns, follas de acacia e unha serpe coroándoo.
A cruz cadrangular mostra no anverso a Cristo crucificado con tres cravos, cabeza inclinada á dereita, mans pechadas, coroa de espiñas e pano da pureza anudado á dereita co letreiro INRI.
No reverso, aparece a Virxe en actitude orante, coas mans xuntas.

Cruceiro do Igrexario

Construído en granito. A plataforma está enterrada. O pedestal é cadrangular.
O varal cadrado presenta chafráns decorados.
O capitel esférico é semellante ao dos Romero pero sen decoración, e remata cun semicapitel cadrangular.
A cruz é octogonal, con remates florenzados.

Cruceiro das Grelas I

Construído en formigón. A plataforma é unha pilastra.
O pedestal é circular con mesa adosada.
A cruz é cadrangular.

Cruceiro das Grelas II

Feito en granito. A plataforma está enterrada.
O pedestal é cúbico con chafráns.
O varal octogonal comeza e remata en cadrado.
O capitel é cadrangular moldurado, e a cruz é cadrangular con remates florenzados.

Cruceiro de Ures

Combina granito e formigón. Plataforma enterrada.
Pedestal cadrangular. Varal octogonal, comeza e remata en cadrado.
Capitel cadrangular moldurado. Cruz romboidea con remates florenzados.

Cruceiro da Cruz do Cabalo

Construído en granito. Plataforma e pedestal enterrados.
Varal cadrado con chafráns. Capitel cadrangular con cuarto bocel.
Cruz rectangular con remates florenzados.

Cruceiro do Campo da Escola

Feito en granito. Plataforma cadrangular de tres graos.
Pedestal cadrangular con chafráns. Varal octogonal, comeza e remata en cadrado.
Cruz octogonal con remates florenzados.

Cruceiro de San Martiño

Construído en granito. Plataforma enterrada.
Pedestal cúbico. Varal octogonal, comeza en cadrado.
Capitel troncocónico invertido, remata en cadrado.
Cruz octogonal con remates florenzados.

Cruceiro de Taboído

Feito en granito. Plataforma enterrada.
Pedestal circular. Varal circular partindo dun pedestal cadrangular liso.
Capitel con astrágalo circular liso, ábaco de lados rectos e catro caras.
Cruz cadrangular con remates florenzados.

Cruz do Padrón

Feita en granito. Carece de cruz e pedestal, pois está incrustada nun penedo.
O varal é octogonal, comeza e remata en cadrado.
Capitel cadrangular moldurado con cuarto bocel e media cana.
Cruz romboidea con remates florenzados e círculo no centro.

Cruceiros de San Martiño de Canduas

Cruceiro dos Romero

Feito en granito. A plataforma é unha pilastra, e o pedestal cadrangular remata con medias canas e unha roda lisa.
Contén a inscrición: “De la casa de los Romero”.
Ten mesa adosada. O varal é octogonal, comezando en cadrado.
O capitel esférico, único no concello, presenta astrágalo circular con chafráns, follas de acacia e unha serpe coroándoo.
A cruz cadrangular mostra no anverso a Cristo crucificado con tres cravos, cabeza inclinada á dereita, mans pechadas, coroa de espiñas e pano da pureza anudado á dereita co letreiro INRI.
No reverso, aparece a Virxe en actitude orante, coas mans xuntas.

Cruceiro do Igrexario

Construído en granito. A plataforma está enterrada. O pedestal é cadrangular.
O varal cadrado presenta chafráns decorados.
O capitel esférico é semellante ao dos Romero pero sen decoración, e remata cun semicapitel cadrangular.
A cruz é octogonal, con remates florenzados.

Cruceiro das Grelas I

Construído en formigón. A plataforma é unha pilastra.
O pedestal é circular con mesa adosada.
A cruz é cadrangular.

Cruceiro das Grelas II

Feito en granito. A plataforma está enterrada.
O pedestal é cúbico con chafráns.
O varal octogonal comeza e remata en cadrado.
O capitel é cadrangular moldurado, e a cruz é cadrangular con remates florenzados.

Cruceiro de Ures

Combina granito e formigón. Plataforma enterrada.
Pedestal cadrangular. Varal octogonal, comeza e remata en cadrado.
Capitel cadrangular moldurado. Cruz romboidea con remates florenzados.

Cruceiro da Cruz do Cabalo

Construído en granito. Plataforma e pedestal enterrados.
Varal cadrado con chafráns. Capitel cadrangular con cuarto bocel.
Cruz rectangular con remates florenzados.

Cruceiro do Campo da Escola

Feito en granito. Plataforma cadrangular de tres graos.
Pedestal cadrangular con chafráns. Varal octogonal, comeza e remata en cadrado.
Cruz octogonal con remates florenzados.

Cruceiro de San Martiño

Construído en granito. Plataforma enterrada.
Pedestal cúbico. Varal octogonal, comeza en cadrado.
Capitel troncocónico invertido, remata en cadrado.
Cruz octogonal con remates florenzados.

Cruceiro de Taboído

Feito en granito. Plataforma enterrada.
Pedestal circular. Varal circular partindo dun pedestal cadrangular liso.
Capitel con astrágalo circular liso, ábaco de lados rectos e catro caras.
Cruz cadrangular con remates florenzados.

Cruz do Padrón

Feita en granito. Carece de cruz e pedestal, pois está incrustada nun penedo.
O varal é octogonal, comeza e remata en cadrado.
Capitel cadrangular moldurado con cuarto bocel e media cana.
Cruz romboidea con remates florenzados e círculo no centro.

San Martiño de Riobó

Cruceiro do Cemiterio

Combina formigón e granito.
A plataforma de formigón é cadrangular, con tres graos.
O pedestal é circular e o varal cadrado con chafráns.
Capitel cadrangular moldurado.
Cruz octogonal.

  • Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, mans abertas, cabeza ladeada á dereita, pano da pureza á dereita.
  • Reverso: A Virxe en actitude orante, con mans xuntas.

Cruceiro de San Brais

Combina granito e formigón.
A plataforma é cadrangular, con dous graos.
Pedestal cadrangular con roda lisa.
Varal octogonal, comeza en cadrado.
Non ten capitel.
A cruz de formigón, con pedestal e remates lanceolados.

Cruceiro da Mata

Feito en granito, sen plataforma.
Pedestal circular.
Varal octogonal, comeza e remata en cadrado.
Capitel cadrangular moldurado.
Cruz romboidea, remates florenzados, botón e círculo central.

San Paio de Cundíns

Cruceiro do Igrexario

Combina formigón e granito.
Dúas plataformas:

  • unha de formigón para salvar o terreo
  • outra de granito con tres graos
    Pedestal cadrangular con chafráns, mesa adosada.
    Varal octogonal, comeza e remata en cadrado.
    Capitel cadrangular moldurado con cabezas de anxos con ás.
    Cruz cadrangular, brazos con chafráns e tamén anxos con ás.
  • Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, mans abertas, coroa de espiñas, INRI, pés sobre caveira con tibias; enriba, a cara do Pai; aos lados, a Virxe e San Xoán.
  • Reverso: A Virxe en oración, con mans xuntas.

San Pedro de Corcoesto

Cruceiro do Adro

Feito en granito, plataforma e pedestal enterrados.
Mesa adosada ao varal.
Varal cadrado con chafráns.
Capitel cadrangular moldurado con volutas.
Cruz circular recrucetada.

Cruceiro de Baneira

Feito integramente en formigón.
Plataforma cadrangular de un grao.
Pedestal troncopiramidal.
Varal cadrangular con estrías, policromado.
Capitel cadrangular moldurado.
Cruz circular, igual á do cruceiro de Ternande.

Cruceiro de Santa Mariña do Remuíño

Un dos máis singulares do concello.
Construído en granito, plataforma enterrada.
Pedestal cadrangular.
Varal cadrado con chafráns.
Capitel cilíndrico, con astrágalo circular liso, ábaco de lados curvos, caras e follas lobuladas.
Cruz cadrangular, brazos achafranados, INRI, coroa de espiñas, cravos, corazón con sete espadas.

San Pedro de Nantón

Cruceiro do Igrexario

Feito en granito.
Plataforma cadrangular de un grao.
Pedestal cadrangular.
Varal octogonal, comeza en cadrado con chafráns decorados.
Capitel cadrangular moldurado.
Cruz rectangular con brazos achafranados.

  • Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, mans abertas, cabeza ladeada, coroa de espiñas, pano á dereita.
  • Reverso: sen imaxe.

Cruceiro do Castro

Feito en granito.
Plataforma cadrangular de cachotería.
Pedestal cadrangular.
Varal octogonal, comeza e remata en cadrado.
Capitel cadrangular moldurado.
Cruz octogonal con remates florenzados.

Cruceiro de Cazón

Feito en granito, sen plataforma, apoiado no muro dunha vivenda.
Pedestal circular.
Varal octogonal.
Capitel cadrangular moldurado.
Cruz octogonal.

Cruceiro dos Martices

Combina granito e formigón.
Sen plataforma.
Pedestal circular, varal cadrado con chafráns.
Capitel cadrangular.
Cruz de formigón, romboidea con remates resarcelados, bólas e círculo central.

Cruceiro de Peralta

Feito en granito, sobre unha pequena área de céspede xunto á estrada a Peralta.
Sen plataforma.
Pedestal circular.
Varal octogonal.
Capitel troncopiramidal octogonal invertido, remata en cadrado, con volutas e símbolos J+S, mitra, chave e cruz patriarcal en X.
Cruz cadrangular con brazos achafranados.

Cruceiro da Piolla

Feito en granito, sen plataforma.
Pedestal circular.
Varal octogonal, comeza cadrado.
Capitel cadrangular moldurado con caras.
Cruz octogonal.

  • Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, mans abertas, cabeza ladeada á dereita, coroa de espiñas, pano á dereita, INRI.
  • Reverso: sen imaxes.

San Pedro de Silvarredonda

Cruceiro do Adro

Construído en granito. Carece de plataforma.
Pedestal octogonal, mesa exenta.
Varal cadrado con chafráns.
Capitel cadrangular moldurado.
Cruz cadrangular, brazos con chafráns e remates florenzados con botón central.

Cruceiro de Baneira I

Construído en granito, actualmente roto.
Sen plataforma.
Pedestal semiesférico singular.
Varal octogonal, comeza en cadrado con paramentos recadrados.
Os demais elementos están desaparecidos.

Cruceiro de Baneira II

Construído en granito. Sen plataforma.
Pedestal: pedra sen labrar.
Varal octogonal, comeza cadrado.
Capitel cadrangular moldurado.
Cruz octogonal.

Cruceiro da Paradoa

Feito integramente en formigón.
Sen cruz nin pedestal.
Mesa exenta.
Varal cadrado con chafráns.
Capitel cadrangular moldurado.
Cruz cadrangular.

  • Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, mans pechadas, cabeza inclinada á dereita, coroa de espiñas, pano da pureza á esquerda, INRI.

San Xoán de Borneiro

Cruceiro do Igrexario I

Feito en granito. Plataforma cadrangular con dous graos.
Pedestal cadrangular con chafráns, mesa adosada.
Varal octogonal diminuído, comeza cadrado.
Capitel cilíndrico singular: astrágalo circular liso, volutas, caras de querubíns, follas.
Cruz cadrangular con brazos achafranados, sen imaxes.

Cruceiro do Igrexario II

Feito en granito, plataforma e pedestal enterrados.
Capitel cilíndrico moldurado.
Cruz con brazos achafranados, remates florenzados, flores no centro.

Cruceiro do Igrexario III

Feito en granito, plataforma enterrada.
Pedestal cúbico, varal octogonal que comeza cadrado.
Capitel troncocónico invertido, lembra unha maceta de Buño.
Cruz romboidea, remates florenzados, círculo no centro.

Cruceiro do Briño I

Feito en granito, plataforma enterrada.
Pedestal cadrangular con chafráns.
Capitel cadrangular moldurado.
Cruz octogonal con remates florenzados.

Cruceiro do Briño II

Feito en granito, plataforma enterrada.
Pedestal cadrangular.
Varal octogonal, comeza e remata cadrado.
Capitel cadrangular con molduras.
Cruz octogonal, remates florenzados, figuras xeométricas.

Cruceiro da carballeira do Briño

Un dos cruceiros máis antigos de Galicia.
Pedestal coa inscrición (1899): “Se retocó, trasladó y pintó siendo cura párroco Francisco Lema Martínez…”
Data de construción no pedestal: 1622.
Crucifixo policromado, testemuño do traslado e restauración.

Dombate

Cruceiro da Balsa en Dombate

Feito integramente en granito, con plataforma enterrada.
Pedestal cadrangular con medias canas.
Varal octogonal, comeza e remata en cadrado.
Capitel cadrangular moldurado.
Cruz de sección cadrangular.

  • Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, cabeza inclinada á dereita, mans abertas, coroa de espiñas, pano da pureza anoado á dereita.
  • Reverso: sen imaxe.

Cruceiro de Dombate

Feito en granito.
Plataforma cadrangular feita de cachotería.
Pedestal cadrangular.
Varal octogonal.
Capitel cadrangular moldurado coa inscrición: BFB.
Cruz cadrangular.

  • Anverso: representación dun cáliz, unha figura pequena en actitude orante, e paus da cruz unidos por figuras xeométricas.

Fontefría

Cruceiro de Fontefría I

Combinación de granito e formigón.
Plataforma enterrada.
Pedestal cadrangular con medias canas.
Varal octogonal, comeza e remata en cadrado.
Capitel cadrangular moldurado con cuarto bocel e media cana.
Cruz de formigón, forma cadrangular recrucetada.

Cruceiro de Fontefría II

Feito en granito e formigón.
Plataforma enterrada.
Pedestal cadrangular con chafráns.
Varal octogonal, comeza e remata cadrado.
Capitel cadrangular moldurado con cuarto bocel e media cana.
Cruz rectangular, con círculo no centro e pequenos círculos nos brazos.

Vilaseco (San Xoán de Borneiro)

Cruceiro viradoiro de Vilaseco I

Feito en granito. Plataforma e pedestal enterrados.
Varal octogonal, comeza cadrado, remata nun capitel con dúas liñas acanaladas.
Cruz sen imaxes nin decoración, xiratoria.

Cruceiro viradoiro de Vilaseco II

Feito en granito.
Situado no muro dunha vivenda, medio agochado entre loureiros.
A pequena cruz está cementada ao capitel para evitar o roubo.

Cruceiro viradoiro do Roncadoiro (desaparecido)

Descrita por Castelao en As cruces de pedra na Galiza como unha cruz moi antiga e xiradoira, situada na freguesía de Borneiro.
Cruz de cabeza ancha e longa, posiblemente modificada co tempo.
Segundo a tradición popular, a cruz tiña virtudes milagreiras debido ao seu movemento.

Cruceiro de Vilaseco

Feito en granito. Plataforma de un grao cadrangular.
Pedestal cúbico.
Varal circular, comeza cadrado e vai diminuíndo.
Capitel troncocónico invertido con molduras, semellante ao do Igrexario de Borneiro.
Cruz cadrangular con remates florenzados e círculo no centro.

San Xoán do Esto

Cruceiro do Campo da Festa

Feito en granito. Plataforma cadrangular de tres graos.
Pedestal cadrangular con mesa adosada.
Varal octogonal, comeza cadrado.
Capitel cilíndrico, remata cadrado e está moldurado.
Cruz rectangular con brazos de media cana.

  • Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, cabeza ladeada á dereita, mans abertas, coroa de espiñas, pano de pureza atado á dereita. Aos lados, a Virxe e San Xoán.
  • Reverso: sen imaxe.

Cruceiro de Sampil

Feito en granito, plataforma enterrada.
Pedestal circular.
Varal octogonal.
Capitel cadrangular moldurado con caras.
Cruz octogonal.

  • Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, cabeza erguida, mans abertas, coroa de espiñas, pano sen atar, cartela de INRI.
  • Reverso: sen imaxe.

Santo Estevo de Anos

Cruceiro de Santo Estevo

Combinación de granito e formigón.
Plataforma cadrangular de dous graos, pedestal cadrangular con chafráns.
Ten mesa adosada para o Sacramento.
Capitel corintio con follas de ápice groso e redondo.
Cruz rectangular.

  • Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, cabeza inclinada á dereita, mans pechadas, coroa de espiñas e pano da pureza anoado por diante.
  • Reverso: a Virxe con xesto aflixido.

Cruceiro do adro da Eirita

Feito en granito.
Plataforma e pedestal cadrangulares, de dous graos.
Varal cadrado con chafráns.
Capitel piramidal escalonado, único no concello.
Cruz cadrangular con brazos achafranados.

  • Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, cabeza ladeada á dereita, mans abertas, coroa de espiñas, pano anoado á dereita, cartela de INRI.
  • Reverso: a Virxe orante coas mans en cruz sobre o peito.

Cruceiro da carballeira da Ermida

Feito en granito, con erosión visible.
Plataforma e pedestal cadrangulares con tres graos.
Varal cadrado con chafráns.
Capitel troncopiramidal invertido.
Cruz cadrangular con brazos achafranados, remates florenzados, cabezas de anxos con ás.

  • Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, cabeza inclinada á dereita, mans abertas, coroa de espiñas, pano da pureza á dereita; acompáñano a Virxe e San Xoán, unha figura bica os seus pés.
  • Reverso: Piedade sobre anxo alado, e sobre ela, o Espírito Santo.

Santo Estevo de Cesullas

Cruceiro do Sacramento

O máis sobresaínte do concello pola súa decoración.
Feito en granito, plataforma cadrangular de tres graos.
Pedestal cadrangular con chafráns, mesa adosada cun relevo de dous anxos e unha custodia.
Varal octogonal con chafráns.
Capitel cadrangular moldurado.
Cruz cadrangular con brazos achafranados, remates en punta de diamante e imaxes nas catro caras.

  • Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, sobre caveira e tibias, mans abertas, cabeza inclinada, pelo trenzado, pano da pureza á dereita, cartela de INRI.
  • Reverso: a Virxe orando con dedos entrelazados sobre peaña.
  • Laterais: unha figura feminina rezando co rosario e San Francisco.

Cruceiro da Aspera

Feito en granito e formigón.
Plataforma: pilastra de formigón, pedestal cadrangular.
Varal octogonal, comezo cadrado con paramentos recadrados.
Capitel cadrangular moldurado.
Cruz octogonal con remates florenzados.

Cruceiro de Neaño

Feito en granito.
Sen plataforma nin pedestal, está incrustado no muro dunha propiedade.
Varal octogonal, comeza e remata cadrado.
Capitel cadrangular moldurado.
Cruz cadrangular con bocel, brazos florenzados con botón central.

Outros (Canduas / San Fins)

Cruceiro de Villa Fanny

Feito integramente en granito.
Plataforma cadrangular cun grao, pedestal cadrangular con chafráns.
Varal octogonal, base cadrada.
Capitel troncopiramidal octogonal invertido con volutas nas esquinas.
Cruz cadrangular con chafráns.

  • Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, mans abertas, coroa de espiñas, pano á esquerda, cartela INRI, San Francisco abrazando a cruz.
  • Reverso: Virxe orante con mans xuntas e coroa.

Cruceiro de San Fins I

Feito en granito, plataforma e pedestal enterrados.
Varal cadrado con chafráns.
Capitel cúbico.
Cruz cadrangular con brazos achafranados.

  • Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, cabeza á dereita, mans pechadas, sen coroa, pano á esquerda; acompáñano a Virxe e San Xoán.
  • Reverso: Virxe orante con nimbo e mans xuntas.

Cruceiro de San Fins II

Feito en granito, plataforma cadrangular de dous graos, pedestal circular como un muíño.
Varal circular, leñoso con nós, semellante a árbore sen casca.
Capitel cilíndrico, astrágalo circular liso, ábaco de lados rectos, cabezas de anxos con ás.
Cruz circular e leñosa, remates florenzados.

  • Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, cabeza inclinada á dereita, coroa de espiñas, pano da pureza á dereita, enriba del a cara do Pai.
  • Reverso: Virxe orante con mans entrelazadas e anxos coroándoa desde os brazos da cruz.

Cruceiro de Ternande

Combinación de granito e formigón.
Plataforma e pedestal enterrados.
Varal circular con catro nós superiores.
Capitel cadrangular moldurado.
Cruz circular con figuras xeométricas que unen os paus polo centro.

Torre da Penela

A Torre
Fortaleza que se atopa controlando a fronteira dos dominios de Altamira (Bergantiños) e a Terra de Soneira. Separada da aldea de Riobóo, desde ela pódese albiscar ó lonxe o Pico de Meda (leste) e o Faro de Vimianzo (oeste).
Os Moscoso e os Bermúdez de Castro estableceron unha rede de fortalezas fronteirizas para amparar Bergantiños, situándose A Penela ó sur da comarca.
Na actualidade só se conserva unha torre das tres (ou catro) que debía ter. Dise que había dúas máis: unha cara ó nordeste, onde agora hai un cabazo e unha vivenda familiar cos alicerces de sillería, e outra cara ó noroeste, onde hoxe se ergue outra casa.
A torre que se conserva (sudoeste), de planta cadrada, está ameada, cun arco de medio punto na entrada, tres niveis de xanelas e un escudo moi desfigurado. Usada como graneiro, aínda conserva a escaleira de caracol. Perdeuse un rosetón e consérvase un escudo borroso empotrado no lavadeiro.

A Fonte
Ás costas da torre hai unha fonte cunha pía en forma de sartego. A tradición di que foi unha ofrenda dunha muller que perdeu un fillo ou unha penitencia.
Contan que a “mina da fonte” é un pasadizo subterráneo que chega ata a torre e por onde se recollía auga durante os asedios.

O Cruceiro
Tamén se di que un cruceiro con inscricións, hoxe situado ó inicio dunha pista próxima á torre, estaba antigamente na entrada da fortaleza. Segundo a lenda, quen o traspasase quedaba a salvo dos seus perseguidores.
Unha muller fuxitiva intentou chegar a ese cruceiro, pero foi presa antes e decapitada. Os veciños, compadecidos, lamentaron: “¡Pena dela!”
Segundo a tradición, o nome da fortaleza procede deste feito.


Outros Elementos Patrimoniais

Capitel románico en San Pedro (Cánduas)
Os capiteis románicos da igrexa de San Pedro foron reaproveitados para adornar a entrada dunha finca do lugar.

Fonte de A Ermida (Anós)
As súas augas son consideradas boas para o mal da cabeza e os ósos.

Fonte Santa da Eirita (Anós)
Mandada construír en 1984 por Josefa Fondo Vidal de Iñaño, en honra á Virxe de O Espiño e Nosa Señora de A Eirita.

Fonte do Torno no Carballal (Cesullas)
Conta cunha cruz de pedra, substituta doutra máis antiga, de base circular. O fuste é un antigo pé de cheminea.

Muíño e ponte no Río dos Muíños (Borneiro)
Os seus arcos cubertos de hedra agochan unha pequena fervenza.

Capitel no adro de Cundíns
Na igrexa de San Paio de Cundíns. A portada é do século XVI, o resto do templo e a espadana datan do século XIX. O retablo maior é barroco.

Fonte de San Xoán (Esto)
A lenda di que, por San Xoán, aparece unha cruz gravada na pedra enriba da fonte antes de saír o sol.

Cabazo da Palleira (Nantón)
Considerado o cabazo máis grande de Bergantiños, aínda que en realidade son dous unidos.

Cabazo da Camafreita (Nantón)
Interesante cabazo baixo de pés, con graneira ao seu carón.

Cabazo de Padrín (Nantón)
Cabazo con seis pares de pés, situado nun pequeno val con casas labregas.

Fonte de Santa Margarida (Silvaredonda)
Os devotos deixan panos e moedas na auga como agradecemento por seren curados das verrugas.

Igrexas

Igrexa de San Martiño de Cánduas

Situada na parroquia de Cánduas, presenta unha orientación pouco habitual, pois a súa fachada mira cara ao norte.
A nave e a capela lateral están cubertas por unha bóveda de canón lixeiramente apuntada. A capela leste cóbrese con falsas bóvedas de cruceiría.

Igrexa de San Estevo de Cesullas

Situada na parroquia de Cesullas, conta cunha nave e unha capela maior rectangulares.
A fachada é pentagonal e sobre a porta principal destaca unha imaxen pétrea de San Estevo, enmarcada lateralmente por volutas.
A parte máis antiga é a capela lateral sur, datada no século XVII. A capela maior, nave, fachada e espadana datan do século XVIII.

Igrexa de San Estevo de Anós

Situada na parroquia de Anós, destaca polo seu retablo neoclásico actual.
A sacristía, fachada e espadana datan do século XVIII.

Igrexa de San Xoán de Borneiro

Destaca pola súa espadana e polo arco da porta principal, formado por grandes doelas.
O corpo da nave permite datar a parte máis antiga do templo no século XVI.

Igrexa de San Pedro de Corcoesto

Coa súa torre campanario e dous camelios que enmarcan a fachada.
No interior gárdase a imaxen de Santa Mariña, que só se sobe ata O Remuíño cada 18 de xullo.

Igrexa de San Martiño de Riobó

Erguida por orde de Ruy Soneira de Riobóo, nobre da casa solariega da Penela, quen está soterrado nela.
Ao entrar, atópanse dúas pías; a máis pequena ten como base un oso ou lobo, símbolo da casa Moscoso.
O arco triunfal está sostido por capiteis románicos decorados con motivos vexetais.

Retablo de San Martiño

Auténtica xoia barroca do patrimonio sacro de Cabana de Bergantiños.
Baixo o altar escóndense tres sepulcros.
No da esquerda, co escudo dos Castro, Moscoso, Riobó, Leis e Villardefrancos, repousan Lorenzo Bermúdez de Castro e a súa esposa María de Leis.

Igrexa de San Pedro de Silvaredonda

Conta cun ábsida cadrada. A sancristía está adosada á ábsida e a espadana é de cemento.
O cruceiro é sinxelo, cun pedestal octogonal singular.

Capelas

Capelas e ermitas de Cabana de Bergantiños

Capela de Fátima en Sinde

Situada na parroquia de Canduas, foi erguida durante a posguerra.
Hoxe, semiderruída, aínda conserva o seu arco oxival e pinturas nas bóvedas do altar.

Ermida de San Fins

Situada na parroquia de Cesullas, presenta unha orientación oposta á tradicional: a súa fachada mira cara ao leste.
A ermida conta con ábside e nave rectangulares. No lado sur da ábsida adosouse un pórtico lateral para a celebración das misas o día da romaría.
Na súa fachada pentagonal destaca unha celosía de pedra, posiblemente prerrománica.

Ermida de Nosa Señora das Neves

Tamén situada en Cesullas, conta cun adro triangular.
A espadana non conserva campás, e a fachada é pentagonal.

Capela da Eirita ou do Espiño

Situada na parroquia de Anós, o seu adro conta con sentadoiros adosados ao muro perimetral, un elemento singular.
Á lonxe, o monte Gontón ollamos dende o oeste, enmarcando a paisaxe.

Capela de San Roque da Ermida

Situada na parroquia de Anós, a súa existencia está documentada desde a Idade Media.
A capela maior, de planta cadrada, está a maior altura ca nave. Accédese ao presbiterio a través dun arco triunfal barroco, e a súa bóveda é de cruceiría.
Atópase agochada baixo unha mesta carballeira.

Capela das Virtudes e do Carme

Situada na parroquia de Borneiro, a súa fachada pentagonal está decorada con seis figuras de santos.
A parte máis antiga data do século XVI, mentres que a fachada é do século XVIII.

Capela de San Brais de Folgoso

Situada na parroquia de Riobó, érguese sobre un antigo castro e data do século XVIII.
O presbiterio está elevado respecto da nave, e no seu interior garda un retablo barroco.

Capela de Santa Margarida de Baneira

Situada na parroquia de Silvaredonda, presenta unha ventá rectangular no presbiterio.
Na fachada e na espadana consérvanse dúas inscricións.
O cruceiro próximo está feito en cemento.