AVISO LEGAL E CONDICIÓNS XERAIS DE USO

AVISO LEGAL E CONDICIÓNS XERAIS DE USO
cabana.gal
I. INFORMACIÓN XERAL
En cumprimento do deber de información previsto na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE), do 11 de xullo, a continuación indícase a seguinte información xeral sobre este sitio web:
A titularidade deste sitio web, cabana.gal, (en diante, Sitio Web) correspóndelle a: Concello de Cabana de Bergantiños, con NIF: P1501400D, e cos datos de contacto seguintes:
Enderezo: A Carballa, s/n – Cesullas (15115 Cabana de Bergantiños) – A Coruña
Teléfono de contacto: 981754020
Fax: 981754229
Correo electrónico de contacto: cabana@cabana.gal
II. TERMOS E CONDICIÓNS XERAIS DE USO
O Obxeto das condicións: O Sitio Web
O obxeto das presentes Condicións Xerais de Uso (en diante, Condicións) teñen como finalidade regular o acceso e uso do Sitio Web. A os efectos das presentes Condicións, entenderase coma Sitio Web: a aparencia externa das interfaces de pantalla, tanto de maneira estática coma de maneira dinámica, é dicir, a árbore de navegación; e todos os elementos integrados tanto nas interfaces de pantalla como na árbore de navegación (en diante, Contidos) e todos aqueles servizos ou recursos en liña que no seu caso ofreza aos Usuarios (en diante, Servizos).
O Concello de Cabana de Bergantiños resérvase o dereito a modificar, en calquera momento e sen previo aviso, a presentación e configuración do Sitio Web e dos Contidos e Servizos que nel se incorporen. O Usuario recoñece e acepta que en calquera momento o Concello de Cabana de Bergantiños poda interromper, desactivar e/ou cancelar calquera destes elementos que se integran no Sitio Web ou o acceso aos mesmos.
O acceso ao Sitio Web por parte do Usuario ten carácter libre e, por norma xeral, é gratuíto sen que o Usuario teña que proporcionar unha contraprestación para desfrutar del, salvo no relativo ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións suministrada polo provedor de acceso contratado polo Usuario.
Ademais do custo de conexión a través da rede de telecomunicacións facilitada polo provedor de acceso, e que o Usuario teña contratado, algúns dos Contidos ou Servizos ofrecidos polo Concello de Cabana de Bergantiños ou, se é o caso, de terceiros a través do Sitio Web poderán estar suxeitos á contratación previa do Contido ou Servizo, en tal caso especificarase de maneira clara e/ou poñerase a disposición do Usuario as correspondentes Condicións Xerais ou Particulares polas que este se rexe.
A utilización de calquera dos Contidos ou Servizos do Sitio Web poderá realizarse mediante a previa subscrición ou rexistro por parte do Usuario.
O uso dos Contidos non require ningunha subscrición ou rexistro previo.
O Usuario
O acceso, a navegación e uso do Sitio Web, así como polos espazos habilitados para interacturar entre os Usuarios, e o Usuario e o Concello de Cabana de Bergantiños, como os comentarios e/ou espazos de blogging, confire a condición de Usuario, polo que se aceptan, desde o momento en que se inicia a navegación polo Sitio Web, todas as Condicións aquí establecidas, así como as posteriores modificacións, sen prexuízo da aplicación da correspondente normativa legal de obrigado cumprimento según o caso. Dada a relevancia do anterior, recoméndase ao Usuario a súa lectura cada vez que visite o Sitio Web.
O Sitio Web de Cabana de Bergantiños ofrece unha gran variedade de información, servizos e datos. O Usuario asume a responsabilidade do correcto uso do Sitio Web. Esta responsabilidade estenderase a:
• Un uso da información, Contidos e/ou Servizos e datos ofrecidos polo Concello de Cabana de Bergantiños que non sexa contrario ao disposto nas presentes Condicións, á Lei, á moral ou á orde pública, ou que de calquera outra forma poida supoñer a vulneración dos dereitos de terceiros ou do propio funcionamento do Sitio Web.
• A veracidade e licitude da información aportada polo Usuario nos formularios expedidos polo Concello de Cabana de Bergantiños para o acceso a determinados Contidos ou Servizos ofrecidos polo Sitio Web. En todo caso, o Usuario deberá comunicar inmediatamente ao Concello de Cabana de Bergantiños calquera feito que poida dar lugar a un uso indebido da información rexistrada nos devanditos formularios, tales como, pero non só, o roubo, extravío ou o acceso non autorizado a identificadores e/ou contrasinais, para proceder de maneira inmediata a súa cancelación.
O Concello de Cabana de Bergantiños resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e aportacións que vulneren a lei, o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, spamming, que atenten contra a xuventude ou á infancia, á orde ou á seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non sexan adecuados para a súa publicación.
En todo caso, o Concello de Cabana de Bergantiños non será responsable das opinións expresadas polos usuarios a través de comentarios ou outras ferramentas de blogging ou de participación que poidan estar dispoñibles.
O mero acceso a este Sitio Web non supón establecer ningunha relación carácter comercial entre o Concello de Cabana de Bergantiños e o Usuario.
O Usuario declara que ser maior de idade e dispoñer da capacidade legal suficiente para vincularse polas presentes Condicións. Polo tanto, este Sitio Web do Concello de Cabana de Bergantiños non está dirixida a menores de idade. O Concello de Cabana de Bergantiños declina calquera responsabilidade polo incumprimento deste requisito.
Sempre cumprindo coa lexislación vixente, este Sitio Web do Concello de Cabana de Bergantiños está dirixido a todas as persoas, independentemente da súa idade, que poidan acceder e/ou navegar polas páxinas do sitio Web.
O Sitio Web está dirixido principalmente a Usuarios residentes en España. O Concello de Cabana de Bergantiños non garante que o Sitio Web cumpra coas lexislacións doutros países, nin total nin parcialmente. Se o Usuario reside ou está domiciliado noutro lugar e decide acceder e/ou navegar polo Sitio Web, farao baixo a súa responsabilidade, deberá asegurarse de que tal acceso e navegación cumpre coa lexislación local que lle sexa aplicable, non asumindo o Concello de Cabana de Bergantiños responsabilidade algunha que poida derivarse de tal acceso.
III. ACCESO E NAVEGACIÓN NO SITIO WEB: EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE
O Concello de Cabana de Bergantiños non garante a continuidade, dispoñibilidade e utilidade do Sitio Web, nin dos Contidos ou Servizos. O Concello de Cabana de Bergantiños fará todo o posible para garantir o bo funcionamento do Sitio Web; non obstante, non se responsabiliza nin garante que o acceso a este Sitio Web non vaia ser ininterrompido ou que esté libre de erros.
Tampouco se responsabiliza ou garante que o contido ou software ao que se poida acceder a través deste Sitio Web, estean libres de erros ou causen danos ao sistema informático (software e hardware) do usuario. En ningún caso o Concello de Cabana de Bergantiños será responsable por perdas, danos ou prexuízos de calquera tipo derivado do acceso, navegación ou uso do Sitio Web, incluíndo, pero non limitándose, aos ocasionados aos sistemas informáticos ou aos provocados pola introdución de virus.
O Concello de Cabana de Bergantiños tampouco se fai responsable dos danos que se poidan ocasionar aos usuarios polo uso indebido deste Sitio Web. En particular, non se fai responsable de ningún xeito das caídas, interrupcións, fallos ou defectos das telecomunicacións que se poidan producir.
IV. POLÍTICA DE LIGAZÓNS
Infórmase de que o sitio web do Concello de Cabana de Bergantiños proporciona ou pode proporcionar aos Usuarios medios de enlace (como, entre outras, enlaces, banners, botóns), directorios e motores de busca que permiten aos Usuarios acceder a sitios web pertencentes e/ou xestionados por terceiros.
A instalación destes enlaces, directorios e motores de busca no sitio web ten como obxectivo facilitar aos Usuarios a busca e o acceso á información dispoñible en Internet e non pode considerarse unha suxestión, recomendación ou invitación para visitalos.
O Concello de Cabana de Bergantiños non ofrece nin comercializa, nin por si nin a través de terceiros, os produtos e/ou servizos dispoñibles nestes sitios enlazados.
O Concello de Cabana de Bergantiños ofrece contidos patrocinados, anuncios e/ou enlaces de afiliados. A información que aparece nestes enlaces de afiliados ou nos anuncios inseridos é proporcionada polos propios anunciantes. Polo tanto, o Concello de Cabana de Bergantiños non se responsabiliza das inexactitudes ou erros que poidan conter os anuncios, nin garante de ningún xeito a experiencia, integridade ou responsabilidade dos anunciantes nin a calidade dos seus produtos e/ou servizos.
Do mesmo xeito, non garante a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de sitios web alleos a súa propiedade aos que se poida acceder a través das ligazóns.
O Concello de Cabana de Bergantiños non revisará nin controlará baixo ningunha circunstancia o contido doutros sitios web, nin aproba, examina nin avala os produtos e servizos, contidos, arquivos e calquera outro material que se atope nos sitios enlazados antes mencionados.
O Concello de Cabana de Bergantiños non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos que poidan derivarse do acceso, uso, calidade ou legalidade do contido, comunicacións, opinións, produtos e servizos de sitios web non xestionados polo Concello de Cabana de Bergantiños e que estean enlazados a este sitio web.
Calquera Usuario ou terceiro que cree unha hiperligazón desde unha páxina web doutro sitio web ao sitio web do Concello de Cabana de Bergantiños debe ter en conta que:
A reprodución —total ou parcial— de calquera contido e/ou servizos do sitio web está prohibida sen a autorización expresa do Concello de Cabana de Bergantiños.
Tamén está prohibida calquera manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre o sitio web do Concello de Cabana de Bergantiños ou os seus contidos e/ou servizos.
Agás a ligazón, o sitio web no que se estableza a ligazón non conterá ningún elemento deste sitio web protexido como propiedade intelectual pola lexislación española, salvo que sexa expresamente autorizado polo Concello de Cabana de Bergantiños.
O establecemento da ligazón non implica a existencia de relacións entre o Concello de Cabana de Bergantiños e o propietario do sitio web desde o que se crea, nin o coñecemento e aceptación por parte do Concello de Cabana de Bergantiños dos contidos, servizos e/ou actividades ofrecidas no devandito sitio web, e viceversa.
V. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
O Concello de Cabana de Bergantiños, por si mesmo ou coma parte cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial do sitio web, así como dos elementos contidos nel (incluíndo, entre outros, imaxes, son, audio, vídeo, software ou texto, marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais empregados, programas informáticos necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.). Serán, polo tanto, obras protexidas como propiedade intelectual pola lexislación española, sendo aplicables tanto a lexislación española e europea neste campo, como os tratados internacionais relacionados coa materia asinados por España.
Reservados todos os dereitos. De conformidade co disposto na Lei de Propiedade Intelectual, prohíbese expresamente a reprodución, distribución e comunicación pública, incluída a súa posta a disposición, de todo ou parte dos contidos deste sitio web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización do Concello de Cabana de Bergantiños.
O Usuario comprométese a respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial do Concello de Cabana de Bergantiños. Os Usuarios poden visualizar os elementos do Sitio Web ou mesmo imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico, sempre que sexa exclusivamente para o seu uso persoal. Non obstante, o Usuario non pode suprimir, alterar ou manipular ningún dispositivo de protección ou sistema de seguridade instalado no Sitio Web.
No caso de que o Usuario ou un terceiro considere que algún dos Contidos do Sitio Web constitúe unha violación dos dereitos de propiedade intelectual, deberá notificalo inmediatamente ao Concello de Cabana de Bergantiños utilizando a información de contacto que se atopa na sección de INFORMACIÓN XERAL deste Aviso Legal e Condicións Xerais de Uso.
VI. ACCIÓNS LEGAIS, LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
O Concello de Cabana de Bergantiños resérvase o dereito de interpoñer as accións civís ou penais que considere necesarias por un uso indebido do Sitio Web e dos seus Contidos, ou por incumprimento destas Condicións Xerais.
A relación entre o Usuario e o Concello de Cabana de Bergantiños rexerase pola normativa vixente e aplicable en España. No caso de que xurda algunha controversia sobre a interpretación e/ou aplicación destas Condicións Xerais, as partes someterán as súas controversias á xurisdición ordinaria, someténdose aos xulgados e tribunais correspondentes.