Autor: creativa.trash@gmail.com
Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama
O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama pon á disposición das usuarias un servizo de transporte gratuíto para facilitar os desprazamentos de ida e volta desde o Concello de Cabana ata a Unidade de Exploración do Hospital Abente y Lago, na Coruña.
O servizo estará dispoñible do 15 ao 26 de outubro, con paradas e horarios adaptados ás citas:
- Neaño – diante do Hostal Monteblanco: 07:45 e 11:30 horas.
- A Carballa – Cesullas – diante da Casa da Cultura: 07:50 e 11:35 horas.
- A Pedra – Nantón – aparcamento do Centro Médico e Campo de Fútbol: 08:05 e 11:50 horas.
O uso deste transporte é voluntario. As persoas citadas tamén poderán acudir á Unidade de Exploración polos seus propios medios.
DEPORTE TRADICIONAL GALEGO
3ª Xornada de Billarda
4 de outubro ás 11:00h no Campo e Fútbol de As Redondas
Xornada de divulgación ambiental
Sábado 3 de outubro ás 10:00h no Centro de Interpretación do Esteiro do Anllóns
Aviso Biblioteca Municipal
A biblioteca permanecerá pechada desde o luns 28 de setembro ata novo aviso.
Informaremos da súa reapertura a través das redes sociais do Concello.
Desculpen as molestias ocasionadas e grazas pola súa comprensión.