Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Asociación 2PRO

Asociación 2PRO

A Asociacion #2PROSPORT e o Concello de Cabana de Bergantiños veñen de reafirmar a súa vontade de colaboración para poder levar o baloncesto á nosa localidade.

Porén, 2PRO, que pechou a edición 2025 cun cento de participantes de toda España e Galicia entre adestradores e xogador@s, terá lugar un ano máis na quenda femenina, infantil masculina e cadete-júnior masculina no mes de xullo.

Froito do acordo de colaboracion entre 2PRO e o Concello de Cabana, os rapaces poderán utilizar as instalacións deportivas municipais e a escola municipal de Vela, como en edicions anteriores, facendo que, xunto co albergue Alala, se den unhas condicions inmellorables para a práctica deportiva.