A etérea fraxilidade humana

O Dolmen de Dombate acolle desde este sábado a exposición ‘A etérea fraxilidade humana’.
Unha mostra colectiva con artistas de Bergantiños que reflexiona sobre a vulnerabilidade e a natureza efémera do ser humano a través de pintura, escultura, instalacións e poesía.
Estará aberta do 18 de abril ao 18 de xullo. Á inauguración pode asistir toda a veciñanza: será este sábado ás 11:00 h e contará coa actuación da soprano Susana de Lorenzo.