Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Día: 12 Agosto, 2026

Eclipse solar

Eclipse solar

Hoxe, 12 de agosto, poderemos desfrutar dunha eclipse solar, un fenómeno astronómico moi especial.

Desde o Concello de Cabana queremos compartir con vós unha serie de consellos para gozar deste acontecemento con seguridade para a vista.

Agradecémosvos que, na medida do posible, evitedes desprazamentos. Se podedes velo na vosa casa, non hai sitio mellor!

Colaboremos entre todos para previr aglomeracións. E se tes que moverte para velo ben, planifícao e vai con tempo.

Alerta por escasez de auga

Alerta por escasez de auga

A Xunta de Galicia activa a alerta por escasez de auga no sistema do río Anllóns, que estaba xa en prealerta dende hai un mes.

A Oficina Técnica da Seca de Augas de Galicia tomou a decisión tras ter en conta os datos meteorolóxicos e a evolución dos caudais, entre outros.

Pedimos un consumo responsable para evitar malgastar auga.