Mes: Febreiro 2026
Martes de Entroido
O Entroido chega a Cabana o martes, 17 de febreiro!
Ás 17:00 horas o Pavillón Municipal abrirá as súas portas para ofrecer unha xornada cargada de diversión.
Haberá xogos, doces típicos desta época, música en directo da man de Dúo Musical Primeira Fila, un concurso de comparsas, unha pasarela de disfraces infantís e moito máis.
As persoas participantes no certame poderán optar a distintos premios en metálico.
Máis información e formulario de inscrición: https://cabana.gal/concurso-de-comparsas-do-entroido/
Entroido 2026
Don Carnal chega a Cabana! O martes de Entroido centra unha ampla programación cultural que inclúe teatro, bailes sociais, un obradoiro creativo e unha homenaxe á nosa poetisa máis senlleira, Rosalía de Castro.
O 17 de febreiro haberá diversión para todos no pavillón municipal, con inchables, música e degustación de doces. As comparsas que queiran apuntarse ao concurso e lucir as súas mellores galas poden facelo do 2 ao 16 de febreiro.