Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Mes: Xaneiro 2026

Aviso AEMET

Aviso AEMET

A AEMET informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por costeiros de nivel vermello para o venres 23 de xaneiro.

Debido a esta situación, a Comisión Escolar de Alertas acordou suspender as actividades no exterior durante todo o día.

Pregamos que extremedes as precaucións

Bailes de maiores

Bailes de maiores

Domingo, 25 de xaneiro a partir das 19:00h no Centro de Maiores de Cabana de Bergantiños

Actuación: Dúo Élite

Reciclaxe

Reciclaxe

No ano 2022 implantamos o contedor marrón, un fito pioneiro en Galicia ao ser o de Cabana de Bergantiños un concello de menos de 5.000 habitantes.

En 2024 recollemos 14.000 quilos de restos orgánicos que se converteron en 6.500 kg de #compost de primeira calidade, o que axudou a fertilizar o noso solo.

Vós sodes fundamentais á hora de realizar unha correcta reciclaxe. Bótalle un ollo ao seguinte vídeo!

Visualizar o vídeo

Axudas EDLP

Axudas EDLP

Xornada informativa da convocatoria 2026 para proxectos ao abeiro das EDLP (Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo), aprobadas aos GALP no marco do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Acuicultura, FEMPA 2021-2027.

CAT – Centro de Artesanía e Tradición de Buño, en Malpica de Bergantiños.

Martes, 20 de xaneiro ás 17:00h

Podes confirmar a túa asistencia no enderezo galp.mar.costadamorte@xunta.gal ou no teléfono 981707378.

#MirandoPoloMar

Asociación 2PRO

Asociación 2PRO

A Asociacion #2PROSPORT e o Concello de Cabana de Bergantiños veñen de reafirmar a súa vontade de colaboración para poder levar o baloncesto á nosa localidade.

Porén, 2PRO, que pechou a edición 2025 cun cento de participantes de toda España e Galicia entre adestradores e xogador@s, terá lugar un ano máis na quenda femenina, infantil masculina e cadete-júnior masculina no mes de xullo.

Froito do acordo de colaboracion entre 2PRO e o Concello de Cabana, os rapaces poderán utilizar as instalacións deportivas municipais e a escola municipal de Vela, como en edicions anteriores, facendo que, xunto co albergue Alala, se den unhas condicions inmellorables para a práctica deportiva.