Fase comarcal de fútbol sala
O polideportivo municipal acollerá o 27 de decembro a previa da zona norte da fase comarcal de fútbol sala.
A partir das 10:00 horas poderás gozar de ata tres encontros.
Agardámoste!
O polideportivo municipal acollerá o 27 de decembro a previa da zona norte da fase comarcal de fútbol sala.
A partir das 10:00 horas poderás gozar de ata tres encontros.
Agardámoste!
Domingo, 21 de decembro, ás 19:00h no Centro de Maiores de Cabana de Bergantiños
Actuación: JUDITH CUNDÍNS
O venres, 19 de decembro, o pavillón municipal acollerá a Gala de Nadal 2025 de Cabana!
Ás 18:00 horas dará comezo unha xornada chea de deporte, na que as discipliñas protagonistas serán o baloncesto, o deporte de raquetas, o atletismo, a ximnasia rítmica, o aeróbic e a patinaxe artística.
Agardámoste para gozar dunha tarde moi deportiva.
O domingo, 21 de decembro, o Dolmen de Dombate será o escenario do ‘Concerto con encanto de Nadal’ de Uxía Senlle.
A partir das 18:30 horas, a artista porá o ritmo para gozar da mellor maneira deste festexo.
As persoas interesadas poden solicitar xa a súa entrada chamando ao 981 754 020 antes do día 12.
Poderase acudir sen inscrición previa en caso de quedar aforo dispoñible.
Xa podes consultar a programación de Nadal de Cabana!
Desde este domingo, 7 de decembro, ata o luns, 5 de xaneiro, contaremos cunha ampla gama de actividades.
A programación de Nadal de Cabana continúa este venres, 12 de decembro, co Festival de Panxoliñas ‘Abrazando o Nadal’!
A partir das 19:00 horas, a Coral San Martín de Canduas, a Coral de Cesullas, o Son de Cabana e as Cantareiras de Anos estarán no Auditorio Municipal cantando as súas pezas de Nadal.
Achégate a gozar do concerto!