Mes: Agosto 2025
Visitas Teatralizadas
Este sábado, 23 de agosto, volven as visitas teatralizadas ao Dolmen de Dombate da man dos Quinquilláns.
O primeiro pase comezará ás 11:30 horas e o segundo ás 13:00 h.
Agardámoste!
Espectáculo “Superharte” de Patty Diphusa
Este venres, 22 de agosto, chega á praza do Pendón o espectáculo “Superharte” de Patty Diphusa.
A partir das 20:00 horas poderemos presenciar como mesturando a confianza nunha mesma e o cariño do público conseguirá chegar ao máis alto.
Anímate e asiste á actuación que che ensina como vencer o medo con éxito!
Visitas guiadas nocturnas no Dolmen de Dombate
Este venres, 15 de agosto, volven as visitas guiadas nocturnas no Dolmen de Dombate!
A oportunidade ideal para coñecer este centro arqueolóxico.
Chama ao 981 754 020 para reservar a túa praza.
HIDRANTIA – FASE DE ALERTA
Mañán, 13 de agosto de 2025, realizarase a reparación de dúas averías na rede de abastecemento de auga na parroquia de Anos (ANLES, COTAREDO, GUISANDE, MEDOÑA, O CRUCEIRO, PIÑEIRO, REMISQUEIRA).
O subministro suspenderase a partir das 9:30 h e restablecerase canto antes (hora estimada: 12:30 h).
Ruta das estrelas
O vindeiro mércores, 13 de agosto, o físico Jorge Mira Pérez estará no Dolmen de Dombate para facer unha “Ruta das estrelas”.
A camiñada será polos montes de Borneiro a partir das 22:00 horas.
Recoméndase levar roupa de abrigo e calzado cómodo.
Agardámoste!
XVI Tarde-Noite no Medievo de Riobó
Xa está aquí a programación da XVI Tarde-Noite no Medievo de Riobó!
O sábado 9 de agosto, a partir das 17:00 horas, regresa con nós á Idade Media!
Agardámoste!
PALEA CON NÓS – ACD CORMORÁNS
Este domingo, 10 de agosto, a ACD Cormoráns organiza tres actividades para dar a coñecer o remo.
A primeira será ás 12:00 horas, na praia do Pendón co equipo de Bolboretas da categoría Dragon Boat BCS, sobreviventes do cancro de mama.
Ás 13:00 horas haberá unha charla e proxección sobre o equipo Bolboretas Coruña Dragon Boat BCS e os beneficios desta modalidade de remo.
A xornada rematará coa actividade das 15:30 horas, que consistirá nun percorrido polo Esteiro do Anllóns no Barco Dragón, no que pode participar quen desexe palear coas Bolboretas.
Anímate e ven a coñecer este deporte!
Masterclass de zanfona
Este domingo, 10 de agosto, teremos unha masterclass de zanfona da man de Victor Soto, quen virá acompañado de Hugo Franco á guitarra.
A partir das 12:00 horas o mestre zanfonista ensinaranos todo acerca deste instrumento e como tocalo.
Para asistir é deberás inscribirte chamanado ao número 981 75 40 20, do Concello de Cabana.
Anímate e vente aprender sobre a zanfona ao Dolmen de Dombate!
Visitas Teatralizadas
Este sábado, 9 de agosto, o Dolmen de Dombate volverá a ser o escenario dos Quinquilláns.
Serán dous os pases das visitas teatralizadas, un ás 11:30 horas e outro ás 13:00 h.
Non o perdas, agardámoste!