Mes: Xullo 2025
Piscina Municipal
Con motivo das actuacións de mellora na eficiencia enerxética da piscina municipal, a empresa responsable dos traballos informa que esta instalación estará pechada durante os meses de setembro e outubro.
Non afectará ao ximnasio que permanecerá aberto de luns a venres de 9:00 a 12:00 e de 17:00 a 22:00 horas e os sábados de 9:30 a 13:30 horas.
As persoas dadas de alta na piscina en xullo, conservarán a súa praza en novembro sen necesidade de realizar ningún trámite.
SAN FINS DO CASTRO 2025
Xa está aquí o cartel de San Fins do Castro!
Os días 1 e 2 de agosto festexa con nós as festas patronais de Cabana de Bergantiños e fai que o berro seco resoe máis alto que nunca!
Consulta a programación completa no cartel.
VIII edición da Foliada Farrapeira
Venres 25 de xullo a partir das 12:00h en San Fins do Castro
Este venres, 25 de xullo, Os Farrapos de Cesullas organizan a VIII edición da Foliada Farrapeira.
Onde? En San Fins do Castro.
Cando? A partir das 12:00 horas.
Que mellor maneira que pasar o día de Galicia bailando?
COMUNICADO
En relación cos feitos acontecidos este sábado 19 de xullo, durante unha visita guiada no centro arqueolóxico do Dolmen de Dombate:
O Concello de Cabana de Bergantiños quere manifestar a súa máis enérxica condena ante calquera acto de intolerancia ou falta de respecto.
Do mesmo xeito, queremos expresar o noso total apoio e solidariedade coa guía que se atopaba a exercer o seu labor de divulgación do noso patrimonio local.
MASTERCLASS DE ADESTRAMENTO PARA MAIORES DE 60 ANOS
Xa temos nova data para a masterclass de adestramento para maiores de 60 anos!
A sesión que foi adiada celebrarase finalmente o luns 21 de xullo ás 19:00 horas no polideportivo municipal.
Inscricións aquí
Visitas Teatralizadas en Dombate
Seguen as visitas teatralizadas en Dombate!
Este sábado, 19 de xullo, os Quinquilláns farán dous pases ás 11:30 horas e ás 13:00 h.
Se aínda non fuches, este é o momento!
Visitas nocturnas ao dolmen de Dombate
Este venres regresan as visitas nocturnas ao dolmen de Dombate!
Non perdas ocasión de visitar o monumento ás 23:00 horas.
Anótate no 981 754 020