Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Mes: Xuño 2025

telefono

Teléfonos de Interése

Para calquera modificación deste directorio comuníquenolo a cabana@cabana.gal ou ao teléfono 981 754 020

telefono

Centro de día

Tel: 663 730 109

telefono

Biblioteca María Baña

Tel: 981 714 416

telefono

Oficina Municipal de Información Xuvenil

Tel: 981 714 416

telefono

Servizo de Recollida de Lixo

Tel: 981 754 076

telefono

Transportes Arriva

Tel: 981 226 395

telefono

Transportes Jesús Pombo

Tel: 981 714 112

telefono

Xulgado de Paz

Tel: 981 754 021

telefono

Abanca

Tel: 981 754 022

telefono

Casa do Concello

Tel: 981 754 020 / 981 754 230 / 981 754 257


Urxencias

telefono

Centro de Saúde de Cesullas

Tel: 981 754 325

telefono

Centro Médico de Nantón

Tel: 981 734 957

telefono

Cruz Vermella de Carballo

Tel: 981 703 764

telefono

Cruz Vermella de Vimianzo

Tel: 981 717 136

telefono

Garda Civil

Tel: 062

telefono

Garda Civil de Ponteceso

Tel: 981 714 023

telefono

Policía Local

Tel: 981 747 376

telefono

S.O.S. Galicia

Tel: 900 444 222

telefono

Servizo Contra Incendios

Tel: 085

telefono

Servizo de Ambulancias

Tel: 981 733 128

telefono

Urxencias Médicas

Tel: 061

telefono

Cruz Vermella do Mar

Tel: 981 728 003

telefono

Farmacia (A Carballa)

Tel: 981 754 115

telefono

Farmacia (Nantón)

Tel: 981 734 733

telefono

Centro Médico de Urxencias

Tel: 981 714 802


Asociacións

telefono

Cáritas Parroquial de Cesullas-Cánduas-Borneiro

Neaño, s/n Cesullas. Cabana de Bergantiños

Horario: Luns de 15.30 a 16.30h.

Tel: 617 617 153 Jesús Castro Fondo (Director)

Email:caritascesullas.canduas.neano@gmail.com

telefono

Asociación de Veciños San Martiño de Riobó

Tel: 686 364 062

telefono

Nantón Club Deportivo

Tel: 981 718 250

telefono

Xunta Local AECC Cabana de Bergantiños

Tel: 667 608 908

telefono

A. Coral de Canduas

Tel: 981 754 009

telefono

Club Náutico Cabana

Tel: 639 304 411

telefono

A. Coral de Cesullas

Tel: 981 754 158

telefono

A.C. O Fol

Tel: 981 714 621

telefono

Cabana Sociedad Deportiva

Tel: 617 617 153

telefono

A. Coral de Corcoesto

Tel: 981 714 246

telefono

A.C.V. A Lareira

Tel: 981 714 745

telefono

A.C. Airiños de Nantón

Tel: 981 718 308

telefono

Asoc. INTEGRO para a Diversidade Funcional de Bergantiños

Tel: 981 734 985 / 650 961 649

Email: cr.integro@gmail.com / integro@cogami.es

telefono

A. Artesanal do Liño

Tel: 981 714 222

Escola Infantil Municipal “A Casa dos Títeres”

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “A CASA DOS TÍTERES”

EIM A Casa dos Títeres

Escola Infantil Municipal “A Casa dos Títeres”
A Telleira, 25 – Canduas
15116, Cabana de Bergantiños (A Coruña)
Teléfono: 615 263 171

A Escola Infantil Municipal cumpre unha función eminentemente social e educativa, proporcionándolle ás/ós nenas/os unha atención integral sen distinción de raza, sexo ou condición social ou económica, mediante un programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral.

A EIM coopera coas/os nais/pais, titoras/es ou representantes legais co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e conseguir a mellor integración entre o centro e as familias.

Son obxectivos específicos da EIM os seguintes:

  • Promover e fomentar o desenvolvemento integral e a aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas das/os nenas/os.
  • Facilitar a conciliación entre a vida familiar e laboral.
  • Facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respecto, etc.
  • Lograr un equilibrio afectivo satisfactorio.
  • Respectar a singularidade e diversidade de cada nena/o.
  • Posibilitar o coñecemento e a integración progresiva das/os nenas/os na cultura e no medio ambiente da súa contorna.
  • Crear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual e grupal nas actitudes e actividades diarias.
  • Facilitar a adquisición progresiva de hábitos de orde, limpeza e conservación dos materiais e dos recursos, facendo uso axeitado destes así como de pautas de comportamento ambientalmente sustentables.
  • Facilitar a integración dos/as nenos/as con necesidades educativas especiais.
  • Fomentar a igualdade efectiva promovendo actividades e comportamentos que favorezan o exercicio da igualdade de dereitos e oportunidades.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNAS/OS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A idade mínima de ingreso queda establecida nos 3 meses, salvo situacións especiais, logo do informe dos servizos sociais municipais.

As/os nenas/os poderán ser usuarias/os do servizo ata o momento da incorporación á educación infantil. No momento do seu ingreso, abriráselles un expediente persoal, no que constarán cun carácter confidencial, os datos de filiación, sanitarios, enderezo e teléfonos para avisos en caso de urxencia, así como tantas circunstancias aconsellen unha atención individualizada.


SOLICITUDES DE NOVO INGRESO

As solicitudes de novo ingreso, presentaranse no departamento de servizos sociais ou na sede electrónica do Concello.

Estas solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación orixinal ou copia compulsada:

1) Documentación xustificativa da situación familiar:

a) Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte das/os nais/pais, titoras/es ou representante legal.

b) Libro/s de Familia ou, no seu defecto, outros documentos que acrediten oficialmente a situación familiar e Título de Familia Numerosa de ser o caso.

c) Volante de empadroamento da unidade familiar só se reside en concellos limítrofes.

2) Documentación xustificativa de ingresos:

Declaración do IRPF ou, no caso de non estar obrigada/o a declarar, certificado negativo emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria correspondente ó exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural no que se presenta a solicitude, de todos os membros con ingresos que compoñen a unidade familiar.

3) Documentación xustificativa da situación laboral:

a) Última nómina, certificación de empresa ou vida laboral, no caso de persoas traballadoras por conta allea.

b) Último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social no réxime especial de traballadores autónomos ou da correspondente mutualidade, no caso de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas.

c) Certificación de ser demandante de emprego (con efectos dende o día anterior ao comezo o prazo de presentación de solicitudes) no caso das persoas desempregadas.

4) Outros documentos acreditativos de todas aquelas situacións que, por baremo, sexan susceptibles de puntuación:

a) Certificado de discapacidade ou grao de dependencia alegada polos membros da unidade familiar.

b) Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outra afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.

c) Informe do equipo de valoración e orientación da Consellería de Política Social sobre a necesidade de integración no caso de nenas/os con necesidades específicas de apoio educativo.

d) Informe do organismo competente no caso de acollemento ou garda con fins adoptivos de nenas/os.

e) Documentación acreditativa de incidencias tales como separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais ou certificado administrativo de monoparentalidade.

f) Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero.

g) Informe dos servizos sociais do concello correspondente, no suposto de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou por situacións especiais en que viva a unidade familiar.

A falta de presentación dalgún dos documentos recollidos nos apartados 3 e 4 dentro do prazo de solicitude e emenda suporá a non valoración, na correspondente epígrafe do baremo, de calquera das circunstancias alegadas.


SOLICITUDES DE RENOVACIÓN DE PRAZA

As/os nais/pais, titoras/es ou representantes legais de nenas/os xa matriculadas/os neste centro que desexen renovar praza, presentarán a solicitude de renovación no departamento de servizos sociais ou na sede electrónica do Concello coa documentación xustificativa dos ingresos económicos actualizados así como outros datos que poidan variar a situación sociofamiliar con respecto ó curso anterior.

Non poderá renovar praza o/a solicitante que, no momento de formalizar a súa solicitude, manteña algunha mensualidade impagada de calquera curso.


PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES

Renovación de praza de nenas/os escolarizadas/os durante o curso anterior

  • Do 15 ó 31 de marzo: presentación das solicitudes no departamento de servizos socias ou na sede electrónica do Concello. É necesario presentar a documentación xustificativa dos ingresos económicos actualizados así coma outros datos que poidan variar a situación sociofamiliar con respecto ó curso anterior.
  • Do 1 ó 15 de xuño: formalización da matrícula no departamento de Servizos Sociais do Concello.

Admisión de novas/os alumnas/os

  • Do 15 de marzo ó 15 de abril: presentación das solicitudes no departamento de servizos sociais do Concello coa documentación necesaria.
  • 10 de maio: exposición da relación provisional de admitidos e a lista de espera no taboleiro de anuncios do Concello.

Reclamacións: os solicitantes poderán efectuar as reclamacións que estimen oportunas no departamento de servicios sociais no prazo de 10 días contados a partir do día seguinte da publicación.

  • 24 de maio: exposición da relación definitiva de admitidos e a lista de espera no taboleiro de anuncios do Concello.
  • Do 1 ó 15 de xuño: formalización da matrícula no departamento de servizos sociais do Concello.

DESCARGAS: