Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Mes: Novembro 2024

CENTRO DE INTERPRETACIÓN MEDIOAMBIENTAL E DE VISITANTES DO ESTUARIO DO ANLLÓNS

CENTRO DE INTERPRETACIÓN MEDIOAMBIENTAL E DE VISITANTES DO ESTUARIO DO ANLLÓNS

CENTRO DE INTERPRETACIÓN MEDIOAMBIENTAL E DE VISITANTES DO ESTUARIO DO ANLLÓNS

Expediente: PE115A-2024-00102

Procedemento: Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, publicado no DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2024.

Denominación do proxecto: Centro de interpretación medioambiental e de recepción de visitantes do estuario do Anllóns

O Concello de Cabana de Bergantiños ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2023, ten concedida unha subvención de 200.000€ para o proxecto “ Centro de interpretación medioambiental e de recepción de visitantes do estuario do Anllóns” por resolución da Consellería do Mar, cofinanciada pola Unión Europea.

O obxeto da realización do proxecto é a Rehabilitación da Capela de Sinde, inicialmente en estado ruinoso, situada nun enclave privilexiado, con vistas ao Esteiro do Anllóns e Ría de Corme-Laxe, para destinalo a centro de interpretación ambiental para divulgación, concienciación, mostras, exposicións ou charlas sobre a fauna e a flora. Ademais contarase coa implantación de novas tecnoloxías para dixitalización e mellora da experiencia na difusión patrimonio ambiental.

CENTRO DE INTERPRETACIÓN MEDIOAMBIENTAL E DE VISITANTES DO ESTUARIO DO ANLLÓNS